Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11306

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Agolada

ANUNCIO polo que se fai pública a Resolución do 18 de febreiro de 2016 referente á convocatoria para prover unha praza.

No Boletín Oficial de Pontevedra número 40, do 29 de febreiro de 2016, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover, mediante oposición libre, a seguinte praza correspondente á oferta de emprego público do ano 2009.

Unha praza de auxiliar administrativo, pertencente á escala de administración xeral, auxiliar administrativo de servizo social de base.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de edictos deste concello e na súa páxina web.

Agolada, 29 de febreiro de 2016

Ramiro Varela Peón
Alcalde