Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada e por prezos unitarios, do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de mediación intraxudicial por procemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 42 59; información de índole administrativa: 981 54 42 59 e 981 54 45 17.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico: natalia.lobato.mosquera@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24206

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes.

d) Número do expediente: 2016-SESE 22-LU.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo por prezos unitarios consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de mediación intraxudicial.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar e prazo de execución: axustaranse ao indicado na alínea K da folla de especificacións.

e) Admisión de prórroga: o contrato non será susceptible de prórroga.

f) CPV: 79341000-6. Servizos de publicidade.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 272.727,27 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 272.727,27 €.

Importe total: 330.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación, IVE incluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Aplicarase o disposto na alínea E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 19 de abril de 2016.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, télex, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas «D» do Complexo Administrativo San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación relativa aos criterios non avaliables de xeito automático», terá lugar o día 29 de abril de 2016 ás 12.00 horas. O lugar, o día e a hora do segundo acto público, «Lectura da avaliación do sobre B» e de apertura do sobre C «Documentación relativa aos criterios avaliables mediante fórmulas», indicarase oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de marzo de 2016.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza