Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2015/016-1).

Expediente: IN407A 2015/016-1.

Promotora: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Instalación: centro de seccionamento da Barreira.

Concello: A Laracha.

Feitos:

1. O 19.1.2015 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada, así como o trámite de compatibilidade da instalación eléctrica co dereito mineiro incluído na relación de bens e dereitos afectados.

2. Características técnicas:

Novo centro de seccionamento (CS) tipo PFU-5, cun transformador de 50 kVA, catro celas de liña e unha de protección, todas elas con illamento en SF6. Desmóntanse os centros de transformación de Estoril e A Barreira e conéctanse as RBT ao novo centro de seccionamento da Barreira proxectado.

Reforma das liñas de media tensión existentes que se manobrarán desde o CS proxectado:

– LMT As Torres de Cillobre-Estramil: reforma dun treito da LMT As Torres de Cillobre-Estramil-Lendo (expediente 51.892). Proxéctase un novo treito de LMTA de 200 m de lonxitude, en condutor nu tipo LA-56 co inicio no apoio nº 20 proxectado que substitúe o existente e final no apoio nº 22 proxectado onde se realizará o paso de aéreo a subterráneo da liña principal nas inmediacións do CS.

– LMT a CT Cruceiro Lendo, LMT O Campo da Porta e LMT a CT Estramil II: substitución do apoio nº 23 da LMT As Torres de Cillobre-Estramil-Lendo (expedente 51.892), que fará as funcións de final de liña no que se retensarán os condutores existentes das liñas aéreas tipo LA-30. Neste apoio realizaranse os pasos de subterráneo a aéreo da LMT subterránea.

Proxéctase a desmontaxe do treito de liña aérea entre o apoio nº 20, que se vai intercalar na LMT As Torres de Cillobre-Estramil-Lendo, e o apoio proxectado en que se farán os tres pasos aerosubterráneos das liñas proxectadas, en condutor un de tipo LA-56, así como da derivada ao CT Estramil, en condutor un de tipo LA-30.

Para alimentar ao CS proxectado e enlazar coas LMTS aéreas existentes, proxéctanse os seguintes treitos de LMTS subterráneas:

– LMT subterránea a CS A Barreira cunha lonxitude de 24 m, en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV, 3 (1×150 Al), coa orixe no paso de aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 22 proxectado, e final no centro de seccionamento proxectado.

– LMT subterránea a CT Cruceiro Lendo, LMT subterránea O Campo da Porta e LMT subterránea a CT Estramil II, cunhas lonxitude de 547 m, en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV, 3 (1×150 Al), coa orixe nas celas de liña que se vai instalar no centro de seccionamento proxectado, e final no paso de subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio nº 23 proxectado.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 20.5.2015.

– DOG: 13.7.2015.

– BOP: 4.6.2015.

– Xornal La Voz de Galicia: 20.6.2015.

– Taboleiro de anuncios do concello: dilixencia do secretario municipal do 3.8.2015.

– Notificación aos interesados descoñecidos: BOE: 7.12.2015.

Así mesmo, realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

No certificado de exposición pública do concello indícase que non se formularon alegacións.

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública foi presentada a seguinte alegación:

José Luis Figueroa Mira, na súa condición de apoderado da empresa Epifanio Campo, S.L., mediante escrito recibido o 10 de xullo de 2015, solicita que se admita en condición de interesado e parte afectada a Epifanio Campo, S.L. por ser propietaria do predio identificado na relación de bens e dereitos afectados co número 3.

Desta alegación déuselle traslado ao promotor, que contestou:

Escrito recibido o 4 de agosto de 2015 en que se valoran as alegacións presentadas por Epifanio Campo, S.L., no cal, en síntese, manifesta o seguinte:

Débese proceder ao cambio de titularidade da parcela número 3 a favor da empresa Epifanio Campo, S.L.

5. Solicitouse o preceptivo informe aos seguintes organismos.

– Concello da Laracha: non consta informe, polo que se entende a conformidade coa instalación.

– CMATI Infraestruturas: non consta informe, polo que se entende a conformidade coa instalación.

– Deputación provincial: non consta informe, polo que se entende a conformidade coa instalación.

– Telefónica: consta informe favorable aceptado polo promotor.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

7. Consta no expediente un informe favorable do 29.1.2016, dos servizos técnicos desta xefatura territorial ao respecto da compatibilidade do proxecto co dominio mineiro afectado.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 194, do 9 de outubro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar a localización das instalacións, non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións do promotor, cómpre sinalar:

Procede atender a solicitude realizada por José Luis Figueroa Mira na súa condición de apoderado da empresa Epifanio Campo, S.L.

O día 10 de agosto de 2015 reitíuselle notificación individual como titular de bens e dereitos afectados polo proxecto.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica, así como a compatilibidade do proxecto co dominio mineiro afectado.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar, ante esta xefatura territorial, unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 23 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña