Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2015/78-3).

Unha vez visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira nº 2, 32960 Velle.

Denominación: reforma da LMT XIN805, XIN809 e XIN812.

Situación: Xinzo de Limia.

Características técnicas:

– Refoma da LMT DC2, XIN805 e XIN812. Liña eléctrica aereosubterránea a 20 kV, de 258 m en subterráneo, con condutor RHZ1 e 64 m en aéreo, condutor LA110/116 mm2, con orixe no CT 32CI89-CCL-Xinzo e remate do tramo subterráneo no poste proxectado de chapa CH-7000-16 con PAS e do treito en aéreo no apoio existente CH-1000-13 P (cruzamento do río).

– Reforma da LMT XIN809. Liña eléctrica aereosubterránea a 20 kV, de 260 m en subterráneo, con condutor RHZ1 e 74 m en aéreo, condutor LA110/116,2 mm2, con orixe no CT 32CI89-CCL-Xinzo e remate do tramo subterráneo en poste proxectado C-4500-14 con PAS e do treito en aéreo no apoio de celosía existente (cruzamento do río).

– Orzamento: 84.486,28 euros.

E cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministracións e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 17 de marzo de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense