Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de marzo de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/12/2016-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 22 de febreiro de 2016, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/12/2016-RP1, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na realización dunha edificación con tipoloxía de nave industrial, paralizada sen rematar e, polo tanto, en curso de execución, composta por catro pórticos metálicos que conforman unha planta rectangular duns 260 m2, e coa cuberta aínda sen colocar o día da inspección, prevista a dúas augas, situada no lugar da Vide, no termo municipal de Monforte de Lemos (Lugo).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a José Ángel Rodríguez Freire, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística