Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de marzo de 2016 pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador e de reposición da legalidade POL/47/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 26 de febreiro de 2016, ditou resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/47/2013-RP1, tramitado polas obras de construción dunha vivenda unifamiliar dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Tabagón, termo municipal do Rosal (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Eduardo Blanco Llinares e María Isabel Rotea Villanueva, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde os recorrentes teñan o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1, regra segunda da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación de resolución aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística