Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, documentalmente simplificado, con varios criterios de adxudicación e trámite ordinario, para a contratación do servizo, suxeito a regulación harmonizada, para as actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico nas bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona de Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección (clave OH.488.378).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Augas de Galicia.

2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

4º. Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5º. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6º. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216.

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia, a través de http://www.xunta.es, e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.488.378.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico nas bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona de Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

c) Lugar de execución: Galicia-Costa. Zona de Galicia-Centro.

d) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

e) Admisión de prórroga; si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de vinte e catro (24) meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 77312000-0, 77312100-1 e 77341000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enumérase e detállase coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Valor estimado do contrato: 1.829.250,28 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 914.625,14 euros. Importe total: 1.106.696,42 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): grupo O, subgrupo 6, categoría 3 ou grupo O, subgrupo 6, categoría C.

b) Condicións mínimas de solvencia: a solvencia económica e financeira acreditarase coa cifra anual de negocios e a técnica ou profesional coa relación dos servizos realizados cun importe mínimo, para cada unha delas, de 182.925,03 €, nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1.2 do prego administrativo.

c) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 26 de maio de 2016.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas).

2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar; do sobre B, cos elementos da oferta non valorables de forma automática, e do sobre C, cos da oferta que admite unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 7 de xuño de 2016, ás 9.30 horas, e a do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de abril de 2016.

12. Outras informacións:

a) Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante fax ou telegrama, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto coa tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, de ser o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia