Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/010-1).

Expediente: IN407A 2015/010-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT CTC RBT Vila da Area II e anexo I.

Concello: Ferrol.

LMT soterrada a CT Vila da Area II a 15/20 kV cunha lonxitude de 824 m, con orixe no paso aereosubterráneo proxectado que se realizará na fachada do CT Vila da Area (expediente 7.506), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al) e final no CT Vila da Area II (proxectado).

CT prefabricado Vila da Area II, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Saídas rede de baixa tensión subterránea do CT Vila da Area II, cunha lonxitude de 702 m, coa orixe no CT Vila da Area II (proxectado), condutor XZ1.

Liña de baixa tensión aérea do CT Vila da Area II, cunha lonxitude de 1.360 m, con orixe no apoio 18 proxectado e apoio 22 existente, condutor RZ, e apoios de formigón.

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 22 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/010-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT CTC RBT Vila da Area II e anexo I.

Concello: Ferrol.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº predio

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Bouza

Prado

José Antonio López Díaz

Centro de transformación

17

3

Telleira

Horta

Guillermo Beceiro Pedreiro

44

1

38

38

4

O Priegal

Horta

Otilia Estévez Cid

80

1

63

63