Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12325

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2016.

O Regulamento 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola do Desenvolvemento Rural (Feader), fixa os obxectivos a que debe contribuír a política de desenvolvemento rural e as correspondentes prioridades da Unión en materia de desenvolvemento rural.

No marco xeral da PAC, a axuda ao desenvolvemento rural contribuirá, entre outros obxectivos, a lograr un desenvolvemento territorial equilibrado das economías e comunidades rurais, incluíndo a creación e conservación do emprego. Este obxectivo enmárcase dentro da prioridade relativa ao fomento da inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais, facendo especial fincapé en facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.

Neste contexto, o Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión Europea do 18 de novembro de 2015 (CCI: 2014ES06RDRP011), prevé na ficha correspondente á submedida 6.4 subvencións a investimentos en actividades non agrícolas, co fin de fomentar a diversificación económica, o equilibrio territorial e a sustentabilidade do medio rural, tanto en termos sociais como económicos, incidindo directamente na área focal 6A.

Neste sentido, enténdese necesario fomentar a competitividade das explotacións agrarias cara a actividades non agrícolas, apoiando a procura de novas liñas de negocio que complementen a renda agraria, de forma que se reduza a estacionalidade e se aumente a independencia do sector. Por outra banda, debe fomentarse a creación e desenvolvemento de pequenas empresas non agrícolas, que conforman un elemento substancial da economía rural, canalizando o apoio cara ao fomento do emprego e á creación de postos de traballo de calidade, como unha oportunidade de asentar poboación e aumentar a competitividade das zonas rurais.

No marco do PDR de Galicia 2014-2020, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) configúrase como unha entidade xestora da submedida 6.4. Esta atribución competencial é coherente coas funcións que resultan da súa lei de creación (disposición adicional sexta da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e do réxime orzamentario e administrativo) e modificacións posteriores, que configuran este ente instrumental da administración autonómica como o instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia no fomento e na coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego para mellorar as condicións de vida e evitar o seu despoboamento, e ao cal se lle encomenda, entre outras funcións, a xestión de medidas e actuacións no marco da programación dos fondos agrarios de desenvolvemento rural.

Con este fin, nos orzamentos da Agader para o ano 2016 está consignado crédito polo importe de 3.500.000 €, na aplicación orzamentaria 2016-13-A1-712A-770.0, para atender as axudas da presente convocatoria.

Esta convocatoria de axudas está cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural nunha porcentaxe do 75 %.

Desde o punto de vista da normativa de Estado de axudas públicas, a presente convocatoria está amparada no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DO L 352, do 24 de decembro).

Tendo en conta o anterior, o director xeral da Agader, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24 de xullo de 2013, DOG núm. 148, do 5 de agosto).

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, que se xuntan a esta resolución como anexo I.

2. Convocar para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas.

3. Aprobar os formularios para a xestión desta convocatoria, que se xuntan a esta resolución como anexos II a X.

Artigo 2. Financiamento

Para o financiamento desta convocatoria está previsto un crédito de 3.500.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 2016-13-A1-712A-770.0 dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para o ano 2016 (código de proxecto 2016-00004).

Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Feader (no marco da medida 6, submedida 4 «Investimentos en actividades non agrícolas», do PDR de Galicia 2014-2020), nun 7,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia.

As contías indicadas poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, segundo prevé o artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei, e o aludido incremento de contía deberase publicar no DOG.

Artigo 3. Prazo para presentar as solicitudes de axuda

As solicitudes de axuda, dirixidas ao director xeral da Agader, presentaranse segundo o anexo II que se xunta a esta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras. O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 4. Prazo para a xustificación dos investimentos

O prazo límite para executar e xustificar os investimentos vinculados aos proxectos subvencionados será o 15 de outubro de 2016.

Disposición adicional primeira. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición adicional segunda. Información

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Agader http://agader.xunta.es

b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo:

https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos

c) No teléfono 981 54 73 82 (Agader).

d) De xeito presencial, na Agader (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 82.

Disposición derradeira primeira

O director xeral da Agader poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta aplicación desta convocatoria.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución será aplicable desde o día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I
Bases reguladoras

CAPÍTULO I
Regras xerais

Artigo 1. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020 para a creación e desenvolvemento de actividades económicas viables non agrícolas, ben ampliando o abano de actividades desenvolvidas no marco das explotacións agrarias, incentivando a súa diversificación, ou ben mediante a creación, ampliación e modernización de unidades de produción no medio rural, co fin de contribuír á xeración de novos empregos e á dinamización económica dos territorios rurais.

As axudas consistirán en subvencións directas de capital. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos nos artigos 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG).

Artigo 2. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta resolución, sempre que cumpran os demais requisitos que resultan das bases reguladoras:

1. As pequenas empresas.

Segundo a definición que resulta do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, ten a consideración de pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.

De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.

As empresas deberán ter a súa razón social ou ben o seu centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.

Para estes efectos considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 3.2.b) destas bases reguladoras.

3. Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.

Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude da axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura.

Non se concederán axudas a solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e, en particular, aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

Artigo 3. Proxectos subvencionables

1. Con carácter xeral, serán subvencionables os proxectos destinados á creación, ampliación e/ou modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.

Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, excluiranse aqueles proxectos cun orzamento subvencionable superior a 30.000 €.

c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas TIC, innovación tecnolóxica e comercio electrónico.

h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da restauración turística:

– Creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

– Investimentos destinados a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas dos establecementos de restauración xa existentes.

Exclúense as actuacións en bares e cafetarías.

k) Actividade turística de aloxamento: nos establecementos de aloxamento turístico poderán subvencionarse investimentos destinados ao aumento de categoría do establecemento e outras actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

2. Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción, ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipamentos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior.

O persoal técnico da Agader comprobará este requisito mediante a realización dunha acta de non inicio durante a fase de revisión da solicitude da axuda. Se o solicitante desexa iniciar a execución do proxecto antes da realización da citada comprobación, deberá achegar unha acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra, instalación ou equipamento.

Se o investimento consiste exclusivamente na compra de maquinaria e/ou equipamento, non será necesario acreditar que o proxecto non está iniciado nos termos expostos.

b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos definidos como tales no planeamento urbanístico vixente das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

c) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os cales se lles concedeu a axuda.

d) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

e) Que se axusten á normativa sectorial que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

f) Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.

g) No suposto de proxectos de ampliación e/ou modernización dunha actividade económica xa existente, o investimento proxectado deberá mellorar o rendemento global da empresa solicitante. Para estes efectos, deberá acadar algún dos seguintes obxectivos:

– Aumentar a competitividade da empresa.

– Reducir os custos.

– Aumentar o valor engadido.

– Reducir o impacto ambiental.

– Mellorar a rastrexabilidade e seguranza das producións.

– Diversificar as producións e/ou os mercados.

– Mellorar a calidade das producións.

– Implantar novos produtos, procesos ou tecnoloxías.

– Mellorar a comercialización das producións.

Para acreditar isto, na memoria que se xunte á solicitude da axuda xustificarase expresamente e de forma razoada en que medida os investimentos contribúen a acadar algún dos obxectivos sinalados.

h) Nos proxectos de creación dunha pequena empresa, será requisito necesario acreditar a xeración de emprego equivalente, cando menos, a unha unidade de traballo anual (UTA). Para estes efectos, e nos termos previstos no anexo I do Regulamento 651/2014, unha UTA equivale ao traballo dunha persoa na empresa en cuestión ou por conta da dita empresa a tempo completo durante todo o ano de que se trate. O traballo das persoas que non traballan todo o ano, ou traballan a tempo parcial, independentemente da duración do seu traballo, ou o traballo estacional, computarase como fraccións de UTA.

Para estes efectos, enténdese por xeración de emprego a creación de novos postos de traballo fixos, eventuais, a tempo parcial ou a tempo completo, independentemente do réxime laboral que os regule.

No caso de empresas con actividade preexistente, deberán, polo menos, manter o emprego existente na dita empresa (computado en UTAS) no momento da solicitude da axuda.

i) Que o orzamento elixible estea comprendido entre 10.000 € e 300.000 €.

Artigo 4. Investimentos subvencionables

1. Con carácter xeral, serán subvencionables:

a) A construción, adquisición e mellora de inmobles, que só poderán ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, o importe subvencionable non superará o 50 % dos gastos subvencionables.

b) A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.

c) Os custos xerais vinculados aos gastos anteriores en concepto de honorarios de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade, ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.

d) Compra de maquinaria e equipamentos novos.

e) Adquisición e desenvolvemento de programas informáticos precisos para a execución e bo fin da operación.

f) Adquisición de patentes e licenzas relacionadas co proceso produtivo (con exclusión das licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática), ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.

g) Gastos de constitución (notariais, rexistrais e administrativos) derivados do comezo da actividade prevista no proxecto.

2. Non serán subvencionables:

a) Os gastos de funcionamento da actividade e o material funxible en xeral.

b) Os investimentos de reparación e mantemento das instalacións, así como a reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ben polo seu rendemento, que deberá xustificarse na memoria que se presente xunto coa solicitude da axuda.

c) Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.

d) A compra de inmobles que vaian ser derrubados.

e) A compra de inmobles a familiares de 1º grao de consanguinidade ou afinidade, ou a socios da empresa promotora.

f) Os investimentos en reformas de locais que fosen financiados con fondos do Feader e non transcorresen polo menos cinco anos desde a data de pagamento final.

g) A compra de vehículos de transporte exterior.

h) Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.

i) Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante, así como as obras de simple ornamentación.

j) Os gastos de aluguer de instalacións e equipamentos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).

k) A man de obra propia nin os materiais de igual procedencia.

l) As taxas e licenzas administrativas.

m) O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable polo beneficiario.

n) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

o) Os xuros debedores.

p) Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como «outros», «imprevistos» ou «partidas globais», así como os conceptos correspondentes a «gastos xerais» e «beneficio industrial».

q) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda, coa excepción dos gastos de estudos de viabilidade e redacción do proxecto.

Artigo 5. Intensidade da axuda

A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.

As axudas concedidas ao abeiro desta resolución están amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro (DO L 352, do 24 de decembro) referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

De acordo co artigo 3 desta norma, o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais.

Artigo 6. Compatibilidade e acumulación de axudas

1. As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader e, por tanto, serán incompatibles con calquera outra axuda que para o mesmo proxecto ou finalidade leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e da súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros...).

2. Coa excepción anterior, as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto.

3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, de ser o caso, ao reintegro da axuda.

4. Para os efectos de determinar a compatibilidade e a acumulación das axudas, o beneficiario deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, con específica referencia ás axudas amparadas no réxime de minimis, nos termos previstos no anexo II (solicitude da axuda ) e anexo VII (solicitude de pagamento).

CAPÍTULO II
Presentación das solicitudes e documentación complementaria

Artigo 7. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que se xunta (anexo II).

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Se é o caso, de optar pola presentación en papel, toda a documentación se entregará sen encadernar, obviando espirais, carpetas clasificadoras, peches térmicos, canudos, etc.

2. Xunto coa solicitude da axuda, os interesados deberán presentar a seguinte documentación:

a) Memoria e estudo económico do proxecto en documento normalizado (anexo III), no cal se reflicta a situación de partida, os obxectivos que se perseguen coa súa posta en marcha e a metodoloxía de traballo, así como as explicacións necesarias para a correcta comprensión do proxecto. O solicitante debe ter en conta que esta información vai ser tomada en consideración para valorar o cumprimento dos requisitos dos proxectos e para aplicar os criterios de baremación referidos no artigo 13 das presentes bases reguladoras.

b) Orzamento dos gastos necesarios para a execución do proxecto (anexo IV).

c) Relación de ofertas solicitadas e elixidas nos termos indicados no artigo 8 das presentes bases reguladoras, segundo o documento normalizado (anexo V).

d) Documentos acreditativos da personalidade e, de ser o caso, da representación do solicitante:

No caso de persoas xurídicas, esta acreditación realizarase mediante un certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia.

De non achegarse o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados, así como a copia do NIF, no caso de denegar expresamente a súa consulta.

No caso de persoas físicas, esta acreditación realizarase mediante a copia do DNI. Non obstante, non será necesario presentalo se o beneficiario outorga expresamente a autorización á Agader para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve.

e) Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.

f) Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

g) Últimas contas depositadas no rexistro correspondente, relativas ao exercicio 2015 ou, de ser o caso, ao exercicio 2014, e última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, en que figure o número de empregados do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance xeral.

h) Declaración censual (modelo 036 ou 037) ou compromiso de comunicar o inicio de actividade á AEAT, cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.

i) Plano do Sixpac indicando as coordenadas da actuación.

j) No caso de beneficiarios referidos no artigo 2.2 destas bases reguladoras, certificado de empadroamento, no caso de que non autorizasen á Agader a consulta dos datos de residencia nos termos previstos no artigo 9.5 destas bases reguladoras.

k) No caso dos membros dunha unidade familiar agraria referidos no artigo 2.3 destas bases reguladoras, acreditación do grao de parentesco co titular e, ademais, o certificado de empadroamento para o caso de que non autorizasen á Agader a consulta dos datos de residencia nos termos previstos no artigo 9.5 destas bases reguladoras.

l) No caso de adquisición de terreos ou inmobles, certificado dun taxador independente debidamente acreditado ou dun órgano ou organismo público autorizado, no cal se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado.

m) No caso de empresas xa existentes, licenza de actividade do concello ou, de ser o caso, acreditación de ter presentado a comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

n) No caso de que unha actuación inclúa obra civil, anteproxecto ou memoria valorada, asinado por un técnico competente na materia.

o) Documentación acreditativa da titularidade dos terreos ou inmobles sobre os cales se executa o proxecto, ou da dispoñibilidade deles durante un período mínimo equivalente á permanencia do investimento.

p) De ser o caso, documentación acreditativa da formación específica do promotor vinculada ao proxecto.

q) De ser o caso, as certificacións expedidas por unha entidade de certificación acreditada na ENAC, e/ou acreditación de que dispón da marca galega de excelencia en igualdade, nos termos previstos no artigo 13.VIII destas bases reguladoras.

r) Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación e baremación do proxecto.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirirse ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

4. Non será necesario que os solicitantes presenten a documentación que xa conste en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da LRXAP, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e sempre que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponda. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 8. Moderación de custos

Os custos deberán corresponder a prezos de mercado. Débese respectar a moderación de custos, tal como establece o artigo 48 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

Nese sentido, para todos os gastos incluídos na solicitude da axuda deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, circunstancia que deberá ser xustificada expresamente.

Deberá remitirse o contido de cada unha das ofertas e non se admitirán certificados, informes, invitacións realizadas ou documentos similares indicando que se solicitaron e se tiveron en conta tales ofertas na elección da proposta escollida sen que se concrete o seu alcance. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para seren comparables.

A Agader comprobará que as ofertas presentadas son auténticas, de provedores reais e independentes, que estean suficientemente detalladas, con clara identificación da razón social do provedor e data de expedición. Non se admitirán ofertas de compracencia ou ficticias.

As ofertas solicitadas para cada gasto non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Non se admitirán supostos de autofacturación.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente cando esta non recaia na oferta máis económica, utilizando para estes efectos o anexo V. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta máis económica.

As ofertas presentadas son unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de ser beneficiario da axuda. Non se considerarán subvencionables os gastos incluídos na solicitude da axuda que non veñan avalados polas ofertas presentadas nos termos expostos.

Artigo 9. Consentimentos, autorizacións e protección de datos

1. De conformidade co previsto no artigo 15 da LSG, a Agader publicará no DOG as subvencións concedidas ao abeiro destas bases.

2. De conformidade co artigo 17.1.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Agader publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. A presentación da solicitude da axuda comportará a autorización á Agader para solicitar as certificacións que deberá emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento e, neste caso, deberá presentar a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade e residencia da persoa solicitante. Por tanto, o modelo normalizado de solicitude da axuda inclúe unha autorización expresa á Agader para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo. No caso de que a persoa interesada non outorgue esta autorización, estará obrigada a achegalos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

5. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral da Agader mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a secretaria.xeral.agader@xunta.es

CAPÍTULO III
Instrución do procedemento

Artigo 10. Instrución do procedemento

1. Os actos de instrución do procedemento en virtude dos cales deba ditarse a resolución de concesión competerán á Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

2. En relación coa solicitude da axuda, o órgano instrutor comprobará que a operación cumpre as obrigas establecidas pola normativa da Unión Europea, a lexislación nacional e o programa de desenvolvemento rural, entre elas as relativas ás axudas estatais e demais normas e requisitos obrigatorios. En particular, verificarase:

a) A admisibilidade do beneficiario.

b) Os criterios de admisibilidade, os compromisos e outras obrigas que debe cumprir a operación para a cal se solicita a axuda.

c) O cumprimento dos criterios de selección.

d) A verificación da moderación dos custos propostos.

3. Tratándose de proxectos de restauración turística e de aloxamento turístico referidos no artigo 3.j) e k) respectivamente, durante a instrución do procedemento a Agader poderá obter o informe da autoridade autonómica competente en materia turística para os efectos de determinar a viabilidade do proxecto.

Artigo 11. Emenda da solicitude

1. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requirirá ao interesado que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, nos termos previstos no artigo 71 da LRXAP, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no citado artigo.

2. Non obstante o anterior, non será susceptible de emenda a falta de presentación da seguinte documentación, considerada como mínimo imprescindible para tramitar a solicitude da axuda:

– Solicitude de axuda (anexo II).

– Memoria e resumo do proxecto debidamente cuberto (anexo III).

– Cadro do orzamento dos gastos (anexo IV).

Nestes casos emitirase unha resolución de inadmisión.

3. Así mesmo, logo da presentación da solicitude da axuda e durante a instrución do procedemento, non se admitirá ningunha modificación dos investimentos para os cales se solicita axuda que supoña o incremento do seu importe nin a inclusión de novos elementos ou gastos.

4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Baremación das solicitudes

Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán valorados en réxime de concorrencia competitiva por unha comisión de baremación, que terá a seguinte composición:

– O director xeral da Agader ou persoa en quen delegue, que a presidirá.

– O secretario xeral da Agader, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

– A persoa titular da Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

– A persoa titular da Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural.

– Dúas persoas designadas polo director xeral da Agader, por proposta das consellerías con competencia en materia de emprego e industria.

O réxime de organización e funcionamento da comisión de baremación axustarase ao disposto no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, LRXAP).

A comisión de baremación avaliará os proxectos de acordo cos criterios que se establecen no artigo seguinte. Unha vez avaliadas as solicitudes, emitirá un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada.

Excluiranse os proxectos que, logo da súa baremación de acordo cos criterios aplicables, obteñan unha puntuación inferior a 30 puntos, ao considerarse que non acadan os niveis mínimos de viabilidade e cobertura dos obxectivos da presente convocatoria.

Artigo 13. Criterios de baremación

Para a selección dos proxectos, a comisión de baremación deberá aplicar os seguintes criterios:

I. En función da localización do proxecto, ata un máximo de 20 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

a) Taxa de evolución interanual de poboación do concello, segundo datos do IGE para o período 1999-2014, ata un máximo de 5 puntos, de acordo cos seguintes tramos:

Concellos cunha caída de poboación igual ou superior ao 30 %: 5 puntos.

Concellos cunha caída de poboación igual ou superior ao 20 % e menor do 30 %: 4 puntos.

Concellos cunha caída de poboación igual ou superior ao 10 % e menor do 20 %: 3 puntos.

Concellos con caída de poboación menor do 10 %: 2 puntos.

Concellos con incremento de poboación igual ou menor do 25 %: 1 punto.

Concellos con incremento de poboación superior ao 25 %: 0 puntos.

b) Renda familiar dispoñible por concello, segundo datos do IGE para o ano 2009, ata un máximo de 5 puntos, de acordo cos seguintes tramos (calculados en base 100):

Concellos cunha RFDH inferior ou igual a 70: 5 puntos.

Concellos cunha RFDH maior de 70 e menor ou igual a 80: 4 puntos.

Concellos cunha RFDH maior de 80 e menor ou igual a 90: 3 puntos.

Concellos cunha RFDH maior de 90 e menor ou igual a 100: 2 puntos.

Concellos cunha RFDH maior de 100: 0 puntos.

c) Proxectos que se desenvolvan en zonas de montaña, segundo a definición que resulta do PDR de Galicia 2014-2020: 5 puntos.

Pódese consultar a relación de concellos coa consideración de zonas de montaña na páxina web da Agader.

d) Taxa de envellecemento do concello (porcentaxe de poboación >64 anos), segundo datos do IGE para o ano 2014, ata un máximo 5 puntos, de acordo cos seguintes tramos:

Concellos cunha taxa de envellecemento igual ou superior ao 45 %: 5 puntos.

Concellos cunha taxa de envellecemento inferior ao 45 % e igual ou superior ao 35 %: 3 puntos.

Concellos cunha taxa de envellecemento inferior ao 35 % e igual ou superior ao 25 %: 2 puntos.

Concellos cunha taxa de envellecemento inferior ao 25 % e igual ou superior ao 15 %: 1 punto.

Concellos cunha taxa de envellecemento inferior ao 15 %: 0 puntos.

A puntuación resultante poderase ver afectada polo seguinte índice corrector:

i) Proxectos localizados en entidades singulares de poboación de máis de 5.000 habitantes: - 1,5 puntos.

ii) Proxectos localizados en entidades singulares de poboación de máis de 10.000 habitantes: - 3 puntos.

II. En función da tipoloxía do promotor: máximo 15 puntos.

Proxectos promovidos por mulleres ou persoas xurídicas cuxos titulares sexan mulleres nunha porcentaxe igual ou superior ao 50 % do capital social: 7,5 puntos.

Proxectos promovidos por menores de 35 anos ou por persoas desempregadas maiores de 55 anos, ou persoas xurídicas cuxos titulares pertenzan aos colectivos referidos nunha porcentaxe igual ou superior ao 50 % do capital social: 7,5 puntos.

Proxectos promovidos por persoas con discapacidade ou persoas xurídicas cuxos titulares sexan persoas con discapacidade nunha porcentaxe igual ou superior ao 50 % do seu capital social: 7,5 puntos.

III. Proxectos que se desenvolvan nalgún dos seguintes ámbitos: 10 puntos.

Diversificación económica cara a actividades non agrarias en explotacións agrarias.

Artesanía.

Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do TFUE.

Investimentos en I+D+i.

IV. En función da tipoloxía de proxecto: máximo 10 puntos.

Proxectos de creación de empresas: 10 puntos.

Proxectos de ampliación e/ou modernización dunha empresa xa existente: 5 puntos.

V. En función do número/calidade de empregos creados: máximo 25 puntos.

a) Por cada emprego creado, equivalente a unha UTA, a maiores do exixido no artigo 3 destas bases reguladoras: 2,5 puntos, ata un máximo de 10 puntos. As fraccións de UTA computaranse de xeito proporcional.

b) Ratio investimento elixible/emprego creado (equivalente a unha UTA), ata un máximo de 10 puntos:

Ratio inferior a 1 emprego/50.000 € de investimento: 10 puntos.

Ratio entre 1/50.001 € e 90.000 € de investimento: 6 puntos.

Ratio entre 1/90.001 e 130.000 € de investimento: 4 puntos.

Ratio superior a 1/130.001 € de investimento: 2 puntos.

c) Sumaranse 5 puntos se a creación de emprego beneficia algún dos seguintes colectivos: mulleres, menores de 35 anos, desempregados maiores de 55 anos ou persoas con discapacidade.

Para os efectos do disposto nesta epígrafe, só se terá en conta o emprego creado no momento da xustificación final do expediente.

VI. Formación específica do promotor vinculada ao proxecto que se vai desenvolver: 5 puntos.

VII. Outras axudas recibidas polo promotor nos últimos 5 anos, xestionadas pola Agader: 10 puntos.

Axudas acumuladas por importe superior a 100.000 €: 0 puntos.

Axudas acumuladas entre 50.001 € e 100.000 €: 2,5 puntos.

Axudas acumuladas entre 25.001 e 50.000 €: 5 puntos.

Axudas acumuladas ata 25.000 €: 7,5 puntos.

Non recibiu axudas: 10 puntos.

VIII. Dispor dalgunha das seguintes certificacións expedidas por unha entidade de certificación acreditada na ENAC e/ou dispor da marca galega de excelencia en igualdade (artigo 28 do Decreto 33/2009, do 21 de xaneiro; DOG núm. 35, do 19 de febreiro), 5 puntos:

– Certificación en sistemas de xestión de calidade.

– Certificación en sistemas de xestión ambiental.

– Certificación en xestión da responsabilidade social.

Artigo 14. Proposta de resolución

1. O órgano instrutor elevará o informe da comisión de baremación, xunto coa proposta de resolución, ao órgano competente para resolver.

A proposta de resolución expresará de forma motivada a relación de proxectos para os cales se propón a concesión da axuda, coa identificación, en relación a cada proxecto, do beneficiario, puntuación obtida no proceso de baremación, importe da axuda proposta e fontes de financiamento.

De ser o caso, contará cunha lista dos proxectos admitidos que non acadasen subvención polo esgotamento do orzamento dispoñible.

Así mesmo, expresará de xeito motivado a relación de proxectos para os cales non se propón a concesión de subvención, por falta de documentación, por non reuniren os requisitos ou por non acadaren a puntuación mínima necesaria.

2. No suposto de que algún beneficiario renuncie á subvención concedida ou decaia no dereito á súa percepción, os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuación aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

3. No caso de empate, terá prioridade o proxecto que obtivese máis puntuación no criterio V do baremo (número/calidade de empregos creados) e, de persistir o empate, atenderase á puntuación obtida no criterio I (localización xeográfica). Se aínda así persiste o empate, primará a data de presentación da solicitude.

CAPÍTULO IV
Resolución do procedemento

Artigo 15. Órgano competente

O director xeral da Agader resolverá motivadamente a selección dos proxectos. O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será de catro meses, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. O interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lle notificou resolución expresa.

Artigo 16. Notificación

Ademais de publicarse no DOG as subvencións concedidas ao abeiro destas bases, as notificacións vinculadas a este procedemento, ao tratarse dun procedemento selectivo de concorrencia competitiva e acolléndose ao recollido no artigo 59 da LRXAP, faranse a través do taboleiro de anuncios da sede da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela) e na web da Agader http://agader.xunta.es.

Nas notificacións indicarase de modo expreso que a subvención se concede ao abeiro da submedida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020 e que esa actuación se enmarca na prioridade 6 do desenvolvemento rural da Unión Europea. Así mesmo, indicarase que está amparada no Regulamento 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Notificada a resolución, e sen prexuízo dos recursos que procedan, se, transcorridos quince días naturais desde a notificación ou publicación desta, o interesado non comunica expresamente a súa renuncia á subvención (anexo VI), entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario.

Artigo 17. Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular, as establecidas nestas bases reguladoras e na resolución de concesión.

2. Cando un beneficiario non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia efectuarase mediante o anexo VI.

3. O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, como mínimo, durante os cinco anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para determinados proxectos, caso en que se aplicarán estes.

4. Os empregos creados a maiores do mínimo exixible do artigo 3 destas bases reguladoras deberán manterse durante un período mínimo de tres anos contados desde a data da resolución de pagamento final.

O mantemento dos empregos computarase en termos equivalentes ás UTA (unidades de traballo anual).

5. Os bens subvencionados quedarán afectos á actividade subvencionada un mínimo de cinco anos desde a resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para determinados proxectos, caso en que se aplicarán estes.

6. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, e estes aspectos deben ser obxecto de inscrición no correspondente rexistro público.

7. Os beneficiarios deben publicitar a concesión da axuda do seguinte xeito, segundo establece o anexo III do Regulamento (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013:

– No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 10.000 €, colocarase una placa explicativa con información sobre o proxecto, na cal se destacará a axuda financeira da Unión Europea, que deberá permanecer durante todo o período de mantemento dos investimentos.

– No caso de que o beneficiario teña sitio web de uso profesional, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea, que deberá permanecer durante a execución do proxecto e, cando menos, ata a data do pagamento final da axuda.

O 25 % do espazo, como mínimo, dos paneis e placas estará ocupado pola descrición do proxecto, o emblema da Unión e o lema: «Feader: Europa inviste no rural». Incorporará, ademais, os logotipos de todas as administracións financiadoras.

A Agader facilitará os modelos aos beneficiarios a través da súa páxina web.

8. O beneficiario deberá conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, polo menos, durante o período de permanencia dos investimentos e está obrigado a facilitar a información que lle requira a Agader e a someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións; en especial, aos controis sobre o terreo e controis a posteriori que poida realizar o órgano xestor de acordo cos artigos 49 e seguintes do Regulamento (UE) nº 809/2014.

Así mesmo, en aplicación do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, os beneficiarios deberán facilitar á autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización das tarefas toda a información necesaria para realizar o seguimento e a avaliación do programa.

9. Os beneficiarios estarán obrigados a levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ao proxecto subvencionado, segundo resulta do artigo 66 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

CAPÍTULO V
Xustificación e pagamento

Artigo 18. Xustificación dos investimentos

1. O beneficiario xustificará a subvención documentalmente, presentará toda a documentación requirida e solicitará o pagamento mediante a presentación do modelo normalizado (anexo VII). A solicitude presentarase en formato papel, preferentemente no Rexistro Xeral da Agader, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

O prazo máximo para executar e xustificar os investimentos é o referido no artigo 4 da resolución pola que se convocan as presentes axudas.

2. Os investimentos xustificaranse documentalmente nos seguintes termos:

a) Para cada un dos gastos realizados presentaranse as facturas orixinais ou documentos probatorios de valor equivalente -debidamente desagregadas por conceptos ou unidades de obra- e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento.

– A expedición das facturas e o seu contido axustaranse ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

– A Agader selará as facturas indicando a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a porcentaxe que resulte afectada pola subvención; posteriormente, devolveranse ao promotor.

– Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

1º. Xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo polo portelo, certificación bancaria) en que conste o número da factura obxecto de pagamento, o concepto facturado, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

2º. Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado. Neste caso, achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

– Os xustificantes de pagamento obtidos a través da banca electrónica deberán estar validados co selo da entidade bancaria correspondente.

– Non se admitirán pagamentos en metálico.

– No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento.

– No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, a xustificación do pagamento realizarase mediante a achega do correspondente extracto bancario, acompañado dun dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados ou orde de pagamentos da empresa selada polo banco.

– Tanto a data das facturas como a dos xustificantes de pagamento deberán estar comprendidas dentro do período de execución dos investimentos, é dicir, desde o día en que se levanta a acta de non inicio ou, de ser o caso, a acta notarial, ou ben a partir do día da presentación da solicitude da axuda, se se trata de investimentos que non requiren acta de non inicio, e ata a data límite de execución e xustificación dos investimentos determinada no artigo 4 da Resolución pola que se convocan as correspondentes axudas.

– Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Agader na resolución de concesión da subvención e responder de xeito indubidable á natureza do proxecto subvencionado. Sen necesidade de instar procedemento de modificación da subvención, a Agader poderá aceptar variacións nas partidas de gasto aprobadas, coa condición de que as variacións non superen en conxunto o 20 % do orzamento, que non aumente o importe total do gasto aprobado e que non desvirtúen as características do proxecto e as condicións que foron tidas en conta para a resolución da concesión.

– Se o beneficiario xustifica conceptos e elementos subvencionables aprobados que representen menos do 60 % do importe do investimento subvencionable, entenderase que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, por tanto, perderá o dereito de cobramento da subvención. Se a xustificación é igual ou superior ao 60 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, percibirá a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que cumpra o resto das condicións de concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

Na fase de xustificación do gasto, a Agader poderá contrastar os prezos achegados polo beneficiario por calquera dos medios previstos no artigo 30, número 5, da LSG co fin de comprobar que os gastos subvencionables se axustan ao valor de mercado. En caso de discrepancia, minoraranse os importes aprobados na concesión da axuda.

b) Cando o proxecto requira obra civil, o promotor deberá xuntar á xustificación a/as correspondente/s certificación/s de obra asinada/s por un técnico competente.

c) De ser o caso, coa xustificación deberase xuntar unha relación dos equipamentos subvencionados en que conste a marca, o modelo e o número de serie ou referencia equivalente para a súa identificación (anexo VIII). A factura correspondente deberá identificar, cando menos, a marca e o modelo dos equipamentos subvencionados.

d) Para o suposto de adquisición de inmobles ou terreos, deberá presentarse o documento de compravenda elevado a público e presentado no rexistro público correspondente.

e) No caso de investimentos destinados ao aumento de categoría dun establecemento turístico de aloxamento, deberá presentarse a documentación acreditativa da nova clasificación.

f) No caso de investimentos para a creación de novos establecementos de restauración, deberá achegarse a carta gastronómica.

g) Informe fotográfico dos investimentos executados.

h) Permisos, inscricións, autorizacións e/ou licenzas requiridas pola normativa autonómica ou local.

i) Documentación xustificativa dos empregos creados e mantidos, nos seguintes termos:

– Informe de vida laboral da/das conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de pagamento.

– Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta durante os doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de pagamento, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

– Copia dos contratos de traballo correspondentes aos empregos creados, debidamente comunicados ao Servizo Público de Emprego.

– Da documentación que se presente debe resultar acreditada a calidade do emprego creado, nos termos previstos no artigo 13.V.c) destas bases reguladoras.

j) No caso de que o solicitante non autorice a Agader para obter de oficio os certificados acreditativos do cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de que non ten pendente de pagamento débeda ningunha coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá achegar as correspondentes certificacións.

k) A Agader poderá solicitar ao beneficiario as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que o órgano xestor considere convenientes.

3. Todas as operacións de investimento incluirán unha visita in situ para comprobar o remate do proxecto obxecto da solicitude de pagamento, en cumprimento do artigo 48 do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013. Os gastos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención.

4. Transcorrido o prazo establecido na convocatoria para a xustificación dos investimentos sen terse presentado esta, requirirase ao beneficiario que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comporta a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que derivan da LSG.

5. Aqueles beneficiarios que, na data máxima de execución e xustificación da operación prevista no artigo 4 da resolución pola que se convocan estas axudas, non renunciasen expresamente á subvención concedida ou non executasen nin xustificasen o proxecto sen causa debidamente xustificada e comunicada á Agader, quedarán excluídos das dúas seguintes convocatorias de axudas que xestione a Agader no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020.

6. No suposto de subcontratación polos beneficiarios das actividades subvencionadas, observarase o disposto no artigo 27 da LSG en relación co artigo 43 do Decreto 11/2009.

Artigo 19. Control administrativo da solicitude de pagamento

1. Os controis administrativos da solicitude de pagamento incluirán necesariamente as seguintes comprobacións:

– A operación finalizada en comparación coa operación para a cal se presentou a solicitude e se concedeu a axuda.

– Os custos contraídos e os gastos realizados.

2. O pagamento calcularase sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante o control administrativo da solicitude de pagamento.

Conforme o artigo 63 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, cando o importe que derive da solicitude de pagamento supere en máis dun 10 % o importe pagadoiro ao beneficiario, logo do exame da admisibilidade do gasto que figura na solicitude de pagamento, aplicarase unha sanción administrativa a este último importe. A contía da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá alén da retirada total da axuda.

Artigo 20. Réxime de pagamentos

Dado o carácter anual da convocatoria, non se tramitarán pagamentos á conta. Non obstante o anterior, os beneficiarios das axudas poderán solicitar a concesión dun pagamento anticipado como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes á subvención mediante a presentación do modelo normalizado (anexo IX).

A tramitación e concesión do pagamento anticipado suxeitarase á regulación que resulta do artigo 31.6 da LSG, dos artigos 63 e seguintes do Decreto 11/2009 e do artigo 45.4 do Regulamento (UE) nº 1305/2013. De acordo con esta normativa, o pagamento anticipado non poderá superar o 50 % da axuda pública concedida nin, de ser o caso, exceder a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. En todo caso, a súa concesión supeditarase á constitución, con carácter previo ao pagamento, dunha garantía bancaria nos termos previstos no artigo 67 do Decreto 11/2009, que deberá cubrir o 110 % da cantidade que se vai aboar.

A garantía a que se refire o parágrafo anterior terá validez ata que a Agader autorice a súa cancelación, unha vez que o promotor acredite a realización e pagamento dos investimentos e o cumprimento dos obxectivos e condicións estipulados na resolución de concesión da axuda.

CAPÍTULO VI
Modificación da resolución de concesión

Artigo 21. Modificación da resolución de concesión da subvención

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En particular, a variación do orzamento aceptado pola Agader e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

2. Unha vez ditada a resolución de concesión e, en todo caso, antes de que remate o prazo para a realización do proxecto, o beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido, utilizando para isto o modelo normalizado (anexo X).

3. No suposto de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta no baremo, procederase a rebaremar o proxecto e poderá dar como resultado a perda do dereito á subvención.

4. Para a modificación da resolución de concesión non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela. Os beneficiarios terán a obriga de comunicar á Agader calquera alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención. A modificación poderase autorizar sempre que:

– Non desvirtúe a finalidade da axuda e non supoña incremento do orzamento.

– Non exista prexuízo de terceiros.

– Os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, se tiveren concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da axuda.

5. A conformidade expresa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural coas mencionadas modificacións só será outorgada cando non se altere significativamente o proxecto inicial e se cumpran os requisitos antes indicados.

CAPÍTULO VII
Reintegro e réxime sancionador

Artigo 22. Reintegro da subvención

1. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG. Estes xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución (Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2012).

2. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben, da actividade subvencionada ou ao compromiso de mantemento de emprego, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento ata acadar os tres anos, transcorridos os cales deberase reintegrar a totalidade das cantidades percibidas.

Se o incumprimento atinxe ao compromiso de creación de emprego, cando este compromiso determinou a elixibilidade do proxecto, nos termos previstos no artigo 13 das bases reguladoras, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento ata acadar os dous anos, transcorridos os cales deberase reintegrar a totalidade das cantidades percibidas.

3. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do Decreto 11/2009.

4. Non procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Expropiación dunha parte importante do ben subvencionable, se esta expropiación non era previsible o día en que se concedeu a subvención.

c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente os bens da empresa subvencionada e impida o seu normal funcionamento.

Artigo 23. Réxime sancionador

Os beneficiarios das axudas, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto nos títulos IV da LSG e VI do RLSG, e ao disposto no Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 e no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014.

CAPÍTULO VIII
Réxime normativo e de recursos

Artigo 24. Normativa de aplicación

– Normativa autonómica:

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (RLSG).

– Normativa estatal:

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 2 de novembro (LRXAP).

– Normativa comunitaria:

Decisión de Execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015, pola que se aproba o Programa de desenvolvemento rural de Galicia (España) para efectos da concesión da axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (CCI: 2014ES06RDRP011).

Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Feder, FSE, ao Fondo de Cohesión, ao Feader e ao Femp, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Feder, FSE, ao Fondo de Cohesión e ao Femp.

Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello.

Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da Política Agrícola Común.

Regulamento (UE) nº 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao Sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, do 11 de marzo, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BNDS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 25. Réxime de recursos

As resolucións dos procedementos instruídos ao abeiro destas bases esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor os seguintes recursos:

1. Potestativamente, recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, se a resolución é expresa. Se non o é, o prazo será de tres meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

2. Directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, se a resolución é expresa. Se non o é, o prazo será de seis meses, contados dende o día seguinte a aquel en que se entenda desestimada a solicitude por silencio administrativo.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file