Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 13043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de alimentación a pacientes e persoal de garda do Hospital Provincial, mediante procedemento aberto, multicriterio, tramitación ordinaria e contratación documentalmente simplificada (expediente AB-EIP1-16-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables (agás os sábados), das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: AB-EIP1-16-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizo de alimentación a pacientes e persoal de garda do Hospital Provincial, que inclúe o aprovisionamento de víveres, a preparación e cocción, empratar, distribuír e recoller o enxoval en planta.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: lote único.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial.

1º. Domicilio: rúa Loureiro Crespo, 2.

2º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 55100000-1; 55321000-6; 55322000-3; 15894220-9; 55523000-2 e 55320000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 7.339.506,73 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 3.336.139,42 €.

b) Importe total: 3.669.753,36 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte) ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade da presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: rúa Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e hora da realización da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver prego de cláusulas administrativas.

11. Outras informacións: –.

Pontevedra, 8 de marzo de 2016

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés