Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 12891

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se lles dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de incentivos ao autoemprego colectivo das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia número 163, do 27 de agosto).

En cumprimento do disposto no artigo 8.4 da Orde do 18 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de incentivos ao autoemprego colectivo das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG núm. 163, do 27 de agosto) resolvo que se proceda á publicación da subvención concedida que se indica no anexo, cun importe total de 15.000 euros, con cargo á aplicación 11.02.324A.471.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2015.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Programa I: incorporación a cooperativas e sociedades laborais.

Aplicación: 11.02.324A.471.1.

Entidade beneficiaria

Contía

Ápice Arquitectura, S. Coop. Galega

15.000