Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13563

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 63, do 4 de abril de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 11934, no anexo I, onde di: «– Ser licenciado/a en Comunicación, Humanidades ou Ciencias Sociais», debe dicir: «– Ser licenciado/a ou graduado/a en Comunicación, Humanidades, Ciencias Socias ou outras titulacións que se consideren equivalentes».

– Na páxina 11935, no anexo II, onde di: «– Ser licenciado/a en Documentación ou Humanidades», debe dicir: «– Ser licenciado/a ou graduado/a en Documentación, Humanidades ou outras titulacións que se consideren equivalentes».