Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14087

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir un posto de traballo mediante contrato temporal de remuda ao 75 % da xornada:

– 1 praza de responsable de infraestruturas-concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de 10 (dez) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, este rematará no seguinte día hábil.

Vigo, 5 de abril de 2016

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo