Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14443

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Advertidos erros na Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 24, do 5 de febreiro de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

1. No anexo VI, número 1.1, onde di: «Activos fixos produtivos (artigo 2.2.a)», debe dicir: «Activos fixos produtivos (artigo 3)».

2. No anexo VI, número 1.2, onde di: «Plans e ferramentas de xestión empresarial (artigo 2.2.b)», debe dicir: «Plans e ferramentas de xestión empresarial (artigo 4)».

3. No anexo VI, número 2, onde di: «Presentarase contrato, factura pro forma ou similar (de 3 provedores distintos para cada investimento superior a 18.000 euros ou a 50.000 euros no caso de obra civil), con indicación do prazo de entrega», debe dicir: «Presentarase contrato, factura pro forma ou similar de 3 provedores distintos para cada investimento, con indicación do prazo de entrega».