Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14692

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2016 pola que se convoca unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán para xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do convenio de colaboración asinado o 27 de xaneiro de 2016 entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convócase unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán cuxas bases se detallan nos anexos desta resolución.

A autoformación oriéntase cara á adquisición de coñecementos e habilidades de xeito autónomo, asumindo o participante un papel activo no proceso de aprendizaxe, a través do emprego das tecnoloxías da información e da comunicación, ao mesmo tempo que se lle ofrece a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante unha proba voluntaria, que lle dá dereito a obter un certificado de equivalencia.

Os xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia que desexen participar neste curso dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda, poden acceder aos contidos da actividade sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin é tampouco un requisito para matricularse nelas. Porén, só as persoas que se matriculen nestas probas e as superen teñen dereito ao certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. As actividades do programa de autoformación: contidos

1. As actividades do programa de autoformación son as seguintes:

Código

Actividade do programa de autoformación

CV16004

Atención ás vítimas de delito e información ao cidadán-contidos

2. Esta actividade está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, dado que non existe a figura do titor, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

Segunda. As actividades: acceso aos contidos

1. Os xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II poden acceder aos contidos da actividade indicada, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula>.

2. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de decembro de 2016.

3. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo <http://egap.xunta.es/aulavirtual>.

4. O acceso aos contidos da actividade do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse á proba de avaliación regulada no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nela.

5. O acceso aos contidos da actividade do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base oitava do anexo II.

ANEXO II
Bases

Primeira. A proba de avaliación da actividade do programa de autoformación: destinatarios

1. Poden participar na proba de avaliación da actividade os xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. A proba de avaliación: prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

1. A proba de avaliación da actividade do programa de autoformación que se convoca atense ao previsto na seguinte táboa:

Código

Actividade do programa de autoformación

Prazas

Horas certificadas

Data

CV16005

Atención ás vítimas de delito e información ao cidadán - Proba de avaliación

50

30

29.6.2016

2. A proba de avaliación realizarase de forma descentralizada nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo o día indicado das 18.00 ás 19.00 horas.

Terceira. As probas de avaliación: solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación na actividades formativa só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. As persoas solicitantes deben dispor dunha conta de correo electrónico, cuxo enderezo teñen que indicar na solicitude.

4. Ademais, toda persoa interesada en recibir no seu teléfono móbil mensaxes de texto con información sobre o proceso de selección ten que facilitar o correspondente número.

5. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

Cuarta. As probas de avaliación: criterios de selección

1. Con carácter xeral, a selección realizarase de acordo co previsto na Resolución do 4 de xaneiro de 2008 pola que se actualizan os criterios de participación nas actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (DOG do 10).

2. Para os efectos do previsto no punto dous da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales 60 están vinculados ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e os 40 restantes á antigüidade na Administración.

3. Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25).

Quinta. A proba de avaliación: publicación da relación do persoal seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> unha relación na cal figurará o alumnado seleccionado para participar e o situado nos primeiros postos da lista de espera. A información tamén se enviará por correo electrónico e, no caso das persoas que facilitasen o correspondente número, por telefonía móbil. Aquelas persoas que non figuren na relación estarán, ben situadas nun posto máis afastado na lista de espera, ben excluídas en aplicación destas bases.

2. O prazo de presentación de alegacións é de cinco días naturais contados desde o da dita publicación.

3. Transcorrido o prazo de presentación de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> a listaxe definitiva das persoas admitidas para participar nas probas de avaliación.

Sexta. A proba de avaliación: cambios ou substitucións na selección e renuncia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas nin cambios na asignación de quendas das probas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poden renunciar á proba de avaliación da actividade do programa de autoformación:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe serlle comunicada por escrito á EGAP nun prazo de cinco días hábiles contados desde o da publicación da listaxe definitiva das persoas seleccionadas. Na páxina web da EGAP está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto pódese utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. A proba de avaliación: desenvolvemento

1. Para superaren a proba de avaliación, os alumnos deberán responder de forma correcta un 70 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. É obrigatoria a asistencia con puntualidade á proba de avaliación. Levarase a cabo un único chamamento por orde alfabética.

3. As persoas participantes deben presentarse provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

4. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

5. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento da proba de avaliación.

6. As persoas que se inscriban e non se presenten á proba de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. O certificado de equivalencia

1. As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia.

2. Este certificado equivale a un de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación.