Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15089

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A).

BDNS (Identif.): 303889.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas que posúan a condición de operadoras, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.

Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias, as unións temporais de empresas (UTE) en que polo menos un dos integrantes teña a condición de operador segundo se establece no parágrafo anterior.

Segundo. Finalidade

Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade. As subvencións tramitadas ao abeiro destas bases reguladoras están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Os despregamentos de rede estarán encamiñados á cobertura de polígonos industriais obxectivo, os solicitantes deberán indicar a súa proposta de porcentaxe de empresas que se vai cubrir para cada un dos polígonos industriais incluídos no anexo II da convocatoria.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A).

Cuarto. Importe

Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 3.424.610,80 € que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.770.0 dos orzamentos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa seguinte distribución:

2016

2017

2018

04.A1.571A.770.0

500.000,00 €

1.500.000,00 €

1.424.610,80 €

Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da submedida 7.3. de apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular, á súa creación, mellora e ampliación; ás infraestruturas de banda larga pasivas e á oferta de acceso á banda larga e a solucións de administración electrónica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

A intensidade máxima das subvencións será do sesenta e cinco por cento (65 %) do custo elixible do proxecto.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia