Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 14948

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

A Resolución do 5 de xaneiro de 2016 que regula as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, publicada no DOG nº 34, do 19 de febreiro de 2016, establece as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión destas subvencións.

O artigo 2 desta resolución establece a contía inicial dos créditos destinados a financiar estas axudas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, ao existir crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.1, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.

Polo exposto, e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3, e disposición transitoria segunda do Decreto 12/2012, do 4 de xaneiro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 5 de xaneiro de 2016 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión en 540.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.1, de forma que o importe total será de 1.675.000,00 euros.

Segundo. Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

Mª del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios