Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16046

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos:

A Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, con domicilio social na rúa Río Eo nº 9, entrechán, do concello de Burela, representada por Manuel Vicente González, solicitou ser inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 5 de novembro de 2015.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito:

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que para a súa inscrición no rexistro, as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste.

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 13 de abril de 2016 sobre a solicitude, no cal se constata que a Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febrero. Por iso,

RESOLVO:

Que a Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 211.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura