Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16191

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 14 de abril de 2016 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

O Xurado de Expropiación de Galicia foi creado pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia como órgano colexiado permanente da nosa comunidade autónoma especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a Administración expropiante sexa a Comunidade Autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial.

O dito precepto dispón, entre outros puntos, a composición dese xurado, sendo desenvolvido mediante o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, aprobado mediante Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

O artigo 4.7 deste regulamento establece, nas letras c), d), e) e f) do seu parágrafo 2, respecto da composición do xurado, que distintos organismos, entidades e colexios profesionais proporán, cada un deles, un representante que actuará como vogal titular. Así mesmo, prevese a designación, do mesmo xeito, dun vogal suplente que actuará en caso de vacante, ausencia, enfermidade ou calquera outra causa que imposibilite a asistencia daquel titular.

O artigo 4.8, parágrafo 2 deste regulamento establece, que os vogais aos que se refire o parágrafo anterior, poderán ser substituídos polas entidades, organizacións e asociacións que os designase, e que os así nomeados permanecerán no seu cargo, como máximo, polo tempo que lle restase ao substituído para o cumprimento do seu mandato.

En virtude da Orde do 5 de maio de 2014 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia (publicada no DOG do día 12 de maio), realizouse o nomeamento de vogais, titulares e suplentes, en representación de varios destes organismos e entidades. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia achegou unha solicitude de cambio de representante da institución e unha nova proposta de nomeamento de representantes do organismo/entidade mencionada polo tempo que lles resta para o cumprimento do seu mandato.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Noméanse as persoas que se relacionan no anexo como vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Vogais do Xurado de Expropiación de Galicia segundo o disposto no artigo 4.2.f) do Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

1. En representación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia:

Titular: José Manuel Alonso Velasco.

Suplente: Alberto de Paula Prieto.