Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26539

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión de execución das obras de construción do novo centro de saúde de Ares.

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do 3 de xuño de 2016, do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, pola que se lle encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión de execución das obras de construción do novo centro de saúde de Ares, coas seguintes características:

– Actividade: a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo centro de saúde de Ares. A dirección facultativa está contratada polo Servizo Galego de Saúde.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intrasubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2017.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2016

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde