Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2016/94-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Título: LMT SDM707 CT Canteira Ayuntamiento.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con conductor RHZ de 669 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento Camiño dos Carreiros e final no punto de acceso proxectado nº 13 (LMTS ao CT Finca dos Aires I) unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado Cantera Ayuntamiento. Centro de transformación de 400 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado en Baixada Laxe, Sárdoma, Vigo. Retensado dun van de 25 metros da LMTA existente Samper II.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Finca 1. Municipio: Vigo; lugar: Baixada Laxe-Sárdoma; titular: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dirección Provincial de Pontevedra; afeccións: 12,71 m2 de solo para o centro de transformación.