Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38186

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 1 de agosto de 2016 pola que se modifica a autorización do centro privado San Narciso de Marín.

O titular do centro privado San Narciso, de Marín, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Farmacia e Parafarmacia, o CM en Coidados Auxiliares de Enfermaría, o ciclo formativo de grao superior (CS) de Administración e Finanzas, CS de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos, CS de Desenvolvemento de Aplicacións Web e CS de Animación de Actividades Físicas e Deportivas, no devandito centro educativo.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro

1. Autorizar o ciclo formativo de grao medio de Farmacia e Parafarmacia, o CM de Coidados Auxiliares de Enfermaría, o CS de Administración e Finanzas, o CS de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos e o CS de Desenvolvemento de Aplicacións Web no centro privado que a continuación se detalla:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: San Narciso.

Código: 36004526.

Enderezo: Chan do Monte, nº 27.

Localidade: Marín.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L.

2. Composición resultante:

2.1. Educación infantil: 6 unidades.

2.2. Educación primaria: 18 unidades.

2.3. Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

2.4. Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias da Natureza e da Saúde, e Humanidades e Ciencias Sociais.

2.5. Formación profesional:

2.5.1. Ciclos formativos de grao medio:

• 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 20 alumnos/as).

• 1 CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

2.5.2. Ciclos formativos de grao superior:

• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

Segundo

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria