Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38316

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.

As actuacións de fomento do deporte teñen na concesión de subvencións ás entidades deportivas unha das súas principais e máis eficaces manifestacións. Estas actuacións, realizadas conforme baremos públicos e obxectivos, véñense realizando nos últimos anos de forma que as entidades deportivas poidan acometer as actividades obxecto de subvención da forma máis operativa, e garantindo sempre a finalidade última de toda política de fomento deportivo na Comunidade Autónoma, que é o crecemento e o fortalecemento da actividade desenvolvida polos axentes deportivos de Galicia.

De conformidade cos parámetros de actuación establecidos na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, e segundo as atribucións que lle son conferidas polo Decreto 88/2013, do 30 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 60/2015, do 16 de abril, a Secretaría Xeral para o Deporte establece as presentes bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, tendo como referencia as bases e convocatorias que, nos exercicios precedentes, se veñen publicando.

Xunto á experiencia acumulada nos anos anteriores, as presentes bases teñen en conta as previsións establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, especialmente no disposto en ambos os textos en relación coas bases reguladoras das subvencións. No que respecta ás axudas ás sociedades anónimas deportivas para a realización das actividades que lles son propias e para o desenvolvemento da súa programación deportiva, quedan suxeitas ao réxime de axudas de minimis, polo cal non poderán exceder o límite cuantitativo de 200.000 € nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L352/1, do 24 de decembro).

En virtude do exposto, e en exercicio das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e réxime xurídico

1.1. O obxecto da presente resolución é aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións pola Secretaría Xeral para o Deporte, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

1.2. O réxime xurídico das subvencións contidas na presente norma está constituído pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e as bases aprobadas pola presente resolución. No que respecta ás sociedades anónimas deportivas, este réxime de axudas queda suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013, da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L352/1, do 24 de decembro).

1.3. As subvencións concedidas conforme as presentes bases outorgaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva, conforme o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas.

Artigo 2. Beneficiarios

2.1. Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte.

2.2. De igual forma, para ser beneficiario destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo nas seguintes aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia:

– Galicia Activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (http://galiciactiva.xunta.es/xestor.php).

– Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).

2.3. Non poderán obter a condición de beneficiarios destas subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia en que concorra algunha das circunstancias sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2.4. As entidades solicitantes deberán ter adaptados os seus estatutos con base na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, para o cal teñen como prazo límite o momento da xustificación da subvención concedida.

Artigo 3. Actuacións subvencionables e compatibilidade

3.1. Serán subvencionables, no caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas, os gastos derivados da súa participación en competicións de carácter oficial e, no caso das agrupacións deportivas escolares, os gastos acometidos pola participación na campaña do deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte –programa Xogade–.

3.2. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases poderán ser concorrentes con subvencións doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, incluídas as axudas ás sociedades anónimas suxeitas ao réxime de minimis, sen prexuízo da obriga de comunicar ao órgano concedente a súa obtención. O importe total das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, ingresos ou recursos, supere o gasto realizado polo beneficiario. Esta circunstancia deberá ser acreditada polo beneficiario conforme o establecido no artigo 14 destas bases.

Artigo 4. Prazo de solicitudes e documentación

4.1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

4.2. As solicitudes dirixiranse aos servizos provinciais de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365). Alternativamente, tamén se poderán presentar en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4.3. Xunto coa solicitude, as entidades solicitantes deberán presentar, sen prexuízo doutra documentación que se lles poida requirir na correspondente convocatoria, as fotocopias do NIF da entidade (só no caso de denegar expresamente a súa consulta) e do DNI do seu representante (só no caso de non autorizar a súa consulta), declaración de conxunto de todas as solicitudes de subvencións efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados incluída no impreso de solicitude e, no caso das sociedades anónimas deportivas, declaración de axudas, amparadas pola cláusula de minimis, obtidas ou solicitadas durante os últimos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, en calquera outra Administración, organismo ou ente público ou privado, tamén incluída no impreso de solicitude.

A documentación complementaria poderá presentarse por vía electrónica utilizando calquera procedemento de copia dixital do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitais presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

4.4. Se é o caso, nos clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas, certificación acreditativa da realización da actividade denominada «Coñece o meu club» (programa Xogade), expedida polo secretario do centro educativo onde se desenvolveu, así como a declaración de adhesión ao manifesto pola igualdade no deporte e a certificación de muller en cargo directivo.

4.5. As fotocopias achegadas deben estar compulsadas ou debidamente cotexadas por un funcionario da Xunta de Galicia ou un funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

4.6. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados por vía electrónica accedendo á «Carpeta do cidadán» da persoa interesada ou de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.7. Unha vez recibidas as solicitudes e a documentación complementaria, serán analizadas polos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte, co obxecto de comprobar que se atopan debidamente cubertas e suficientemente documentadas.

En caso contrario, requirirase o solicitante para que, no prazo improrrogable de dez días, proceda a emendar as deficiencias observadas, coa advertencia de que, se non o fixer así, se considerará que desiste da súa petición, logo da adopción da oportuna resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este requirimento realizarase mediante a publicación no DOG da lista de solicitudes admitidas, as excluídas e a súa causa, e as que están pendentes de achegar algunha documentación ou realizar emenda, facendo indicación expresa de que, no caso de non achegar a documentación requirida, se dará por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución. Esta lista tamén será publicada nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral para o Deporte e dos servizos provinciais de deportes, así como na páxina web http://deporte.xunta.gal/. Poderá tamén requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento, en calquera fase del.

4.8. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral para o Deporte. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral para o Deporte, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid, 2-4, 2º andar (As Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a secretaria.deporte@xunta.gal

Artigo 5. Consentimentos e autorizacións

5.1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

5.2. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Por tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para a realización desta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento. No caso de que o/a interesado/a non preste o dito consentimento de comprobación de datos, poderáselle exixir que presente a fotocopia do documento de identidade correspondente.

5.3. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

5.4. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento e, neste caso, debe presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

5.5. De conformidade coa Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e de bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Secretaría Xeral para o Deporte publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, poidan impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 6. Órganos competentes e instrución do procedemento

6.1. O titular da Subdirección Xeral de Plans e Programas será o órgano instrutor do procedemento e elevará proposta de resolución, conforme todo o actuado, ao secretario xeral para o Deporte, quen adoptará a resolución en virtude da cal se outorgarán ou denegarán as subvencións solicitadas, en exercicio das competencias desconcentradas nos secretarios xerais dependentes da Presidencia, en virtude da disposición transitoria terceira do Decreto 234/2012, do 5 de decembro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, posto en relación co Decreto 88/2013, do 30 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia (DOG nº 113, do 14 de xuño).

6.2. Revisados os expedientes coa documentación presentada no momento da solicitude, así como no prazo de emenda, o órgano instrutor remitirá a cada federación deportiva galega unha lista coas solicitudes correspondentes a cada unha delas.

O secretario de cada federación deportiva galega certificará, co visto e prace do presidente, os datos deportivos sinalados no punto 4 deste artigo de cada unha das solicitudes correspondentes á súa federación e remitirá estas certificacións ao órgano instrutor, no prazo que se indique na correspondente convocatoria de subvencións.

Os datos das agrupacións deportivas escolares serán certificados polos correspondentes servizos provinciais de deportes.

6.3. No caso de solicitudes de clubs de modalidades deportivas non adscritas a ningunha federación deportiva galega, o órgano instrutor poderá solicitar a certificación destes datos á federación deportiva española correspondente. No caso de non estar adscritas a ningunha federación deportiva española, solicitarase por esta orde de prelación á asociación galega de clubs ou á asociación española de clubs correspondente á modalidade deportiva indicada na solicitude.

6.4. As federacións deberán emitir as certificacións sinaladas no punto anterior respecto dos seguintes datos:

a) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas:

1. Relevancia da actuación deportiva da entidade:

1.a) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por ligas:

– Nivel da liga (1º = división de honra, 2º = división de prata ou equivalentes, etc.) en que participou na categoría absoluta e na categoría previa á absoluta (xuvenil/júnior).

– Participación da entidade en competicións europeas oficiais ás cales se accede por clasificación (non por acceso libre).

– Número de ligas de diferente nivel existente na modalidade deportiva da entidade (división de honra, división de prata, ou equivalentes, etc.), en categoría absoluta e na categoría previa á absoluta ás cales se accede por clasificación (non por acceso libre).

– Número de licenzas da modalidade en España.

1.b) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por concentracións ou probas puntuais:

– Número de pódiums acadados polos deportistas da entidade nos campionatos de España oficiais das diferentes modalidades/especialidades deportivas de categoría absoluta.

2. Número de deportistas da entidade con licenza federativa nas categorías previas á absoluta, na absoluta e femininas, así como número de licenzas de adestradores da entidade tramitadas.

3. Número de equipos da entidade participantes nas ligas A dos deportes colectivos da campaña de deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte.

4. Participación nas principais competicións oficiais de ámbito nacional:

4.a) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por ligas:

– Número de equipos e deportistas da entidade que participasen na liga nacional do máximo nivel de categoría absoluta.

– Número de equipos e deportistas da entidade que participasen no campionato de España de clubs, en calquera das categorías previas á absoluta.

– Número de equipos e deportistas da entidade que, non participando na liga nacional do máximo nivel de categoría absoluta, participasen en ligas de categoría absoluta compostas por equipos de, polo menos, tres comunidades autónomas.

4.b) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por concentracións ou probas puntuais, valorarase o número de deportistas da entidade participantes en calquera das dúas competicións deportivas oficiais de ámbito nacional máis relevantes para a modalidade, sendo unha delas obrigatoriamente o campionato de España e podendo ser a outra a Copa do Rei/Raíña ou a Copa de España, ou, na súa falta, outra similar en canto ao nivel deportivo, en categoría absoluta e/ou inferiores.

En ambos os tipos de entidade, de competición por liga ou por concentración, especificarase se a entidade, nestas competicións principais ten participado, nalgún caso, en probas de tipo olímpico ou paralímpico.

5. Número de deportistas da entidade na categoría absoluta e anteriores que participasen coa selección española correspondente en competicións oficiais de ámbito internacional.

6. Número de encontros/xornadas disputados pola entidade fóra de Galicia con motivo da participación en fases de ascenso a ligas regulares de ámbito supraautonómico.

b) No caso das agrupacións deportivas escolares: número de modalidades deportivas, número de equipos, número de participantes totais tendo en conta todas as modalidades, número de entidades participantes e número de actividades deportivas realizadas en idade escolar incluídas no programa Xogade.

6.5. Co fin de certificar os datos sinalados, as federacións deberán ter en conta que:

a) Unicamente se valorarán as licenzas que habiliten para a participación en competicións oficiais e teñan validez para toda a tempada de competición. Non se terán en conta as licenzas expedidas para a participación en cursos de promoción ou para actividades puntuais que non constitúan a actividade deportiva habitual e preferente de cada modalidade deportiva, nin as de categoría de veteranos, grupos de idade ou similares.

b) A categoría absoluta é aquela categoría de idade en que se desenvolve a competición deportiva de máis alto nivel da modalidade.

c) Para a valoración das alíneas 6.4.a).1 e 6.4.a).4, os clubs e sociedades anónimas deportivas clasificaranse en:

I. Clubs e sociedades anónimas deportivas de sistema de competición principal por ligas: son os clubs ou sociedades anónimas deportivas daquelas modalidades/especialidades deportivas en que a competición máis relevante se desenvolve, na categoría absoluta ou na previa á absoluta, entre equipos formados por máis dun xogador que participan de forma simultánea dándose entre eles situacións de cooperación, en diferentes encontros deportivos, en sistema de liga regular á cal se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría e cun volume de desprazamentos frecuente.

Non poderán incluírse neste grupo as entidades de modalidades/especialidades deportivas en que na categoría absoluta non exista, polo menos, unha liga de ámbito nacional.

II. Clubs e sociedades anónimas deportivas de sistema de competición principal por concentracións ou probas puntuais: son os clubs e sociedades anónimas deportivas daquelas modalidades deportivas en que a competición máis relevante non se adecua ao definido na epígrafe anterior.

d) A tempada deportiva que se vai valorar, e cuxos datos serán certificados polas respectivas federacións, indicarase na correspondente convocatoria de subvencións e deberá ser a mesma para todos os clubs e sociedades anónimas deportivas da mesma modalidade/especialidade deportiva.

e) Considéranse competicións deportivas oficiais as cualificadas como tales polas respectivas federacións deportivas ou pola correspondente Administración deportiva dentro do seu ámbito competencial.

6.6. Recibidas polo órgano instrutor as certificacións sinaladas no punto anterior, este publicaraas na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte (http://deporte.xunta.gal/) para os efectos de que os interesados poidan presentar alegacións aos datos contidos nas referidas certificacións, nun prazo improrrogable de dez días contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. Rematado o prazo de alegacións, o órgano instrutor remitirá as alegacións recibidas ás respectivas federacións para, de ser o caso, modificar as certificacións emitidas en primeira instancia, nun prazo non superior a tres (3) días contados desde a data de recepción da notificación.

Recibidas polo órgano instrutor as certificacións definitivas sinaladas no punto anterior, este remitirallas, xunto coa documentación que cumpra as exixencias contidas nas presentes bases, á comisión de valoración encargada de aplicar os criterios de determinación do importe da subvención establecidos no artigo seguinte.

A referida comisión estará presidida polo/a titular da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte ou persoa en quen delegue, actuando como vogais os xefes dos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte e un técnico deportivo da mesma secretaría xeral designado polo presidente/a da comisión. Será secretario da comisión o titular da xefatura do Servizo de Deporte Escolar da Secretaría Xeral para o Deporte ou persoa que o substitúa.

6.7. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases, na convocatoria ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 7. Criterios de determinación do importe da subvención

7.1. Para a asignación dos puntos establecidos nos diferentes grupos de puntuación de cada criterio de determinación do importe da subvención, teranse en conta os datos certificados polas correspondentes federacións e os achegados polas propias entidades, no caso dos clubs e as sociedades anónimas deportivas, e polos respectivos servizos provinciais de deportes, no caso das agrupacións deportivas escolares, e referidos á tempada que se indique na convocatoria.

Os importes das subvencións que se concedan aos beneficiarios serán calculados pola comisión referida no artigo 6.6, conforme os seguintes criterios:

7.1.1. Clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas:

A. Relevancia da actuación deportiva da entidade: ata 40 puntos.

Para a determinación dos grupos de puntuación atenderase aos seguintes criterios:

a) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por ligas, tanto no caso das ligas masculinas como nas femininas, para a adxudicación dos puntos atenderase, en cada caso, ao nivel da liga (1º = división de honra, 2º = división de prata ou equivalentes, etc.) en que participou na categoría absoluta e na categoría previa á absoluta (xuvenil/júnior), á participación da entidade en competicións europeas oficiais ás cales se accede por clasificación, ao número de ligas de diferente nivel existentes na modalidade (división de honra, división de prata, ou equivalentes, etc.) en categoría absoluta e na categoría previa á absoluta ás cales se accede por clasificación (non por acceso libre) e ao número de licenzas da modalidade en España.

As entidades que conten á vez con equipo masculino e feminino susceptible de puntuación por este criterio obterán a puntuación correspondente á suma obtida por cada un dos equipos, ata o límite máximo dos 40 puntos. Poderase valorar ata un equipo por cada categoría das indicadas anteriormente e xénero.

Para esta adxudicación non se valorarán os equipos das entidades que participasen en ligas profesionais.

Grupo 1: 40 puntos.

Nivel liga absoluta da entidade

Nº ligas da modalidade

>3

>1

>1

>1

>3

>6

Nº licenzas da modalidade

>15.000

>10.000

>20.000

>25.000

>50.000

>400.000

Grupo 2: 30 puntos.

Nivel liga absoluta da entidade

Nº ligas da modalidade

>1

>3

>5

Nº licenzas da modalidade

>2.000

>15.000

>200.000

Grupo 3: 20 puntos.

Nivel liga absoluta da entidade

Nº ligas da modalidade

>2

>1

>3

Nº licenzas da modalidade

>5.000

>20.000

>15.000

Grupo 4: 10 puntos.

Nivel liga absoluta da entidade

Nº ligas da modalidade

>0

>5

>3

>5

Nº licenzas da modalidade

>10.000

>5.000

>10.000

>200.000

Grupo 5: 5 puntos.

Nivel liga absoluta da entidade

Nº ligas da modalidade

>0

>1

>2

>5

>5

Nº licenzas da modalidade

>1.000

>10.000

>5.000

>5.000

>150.000

Grupo 6: 2 puntos.

Nivel liga absoluta da entidade

Nº ligas da modalidade

>1

>1

Nº licenzas da modalidade

>1.000

>1.000

Debido ás especiais características do deporte practicado por persoas con algunha discapacidade, nestes casos, as entidades que participen na liga nacional do máximo nivel obterán a puntuación do grupo 1, as que participen na liga nacional do segundo máximo nivel obterán a puntuación do grupo 2 e as que participen na liga nacional do terceiro máximo nivel obterán a puntuación do grupo 3.

As entidades con participación en competicións europeas ás cales se accede por clasificación (non por acceso libre) obterán a puntuación do grupo 1.

As entidades que conten con equipos de categoría previa á absoluta puntúan do seguinte xeito:

– Club de modalidade deportiva con máis de 500.000 licenzas no ámbito nacional, con equipo en categoría previa absoluta participante na liga do máximo nivel da dita categoría, acadará a puntuación do grupo 3 (20 puntos). No caso de obter unha puntuación igual ou maior por un equipo en categoría absoluta, obterá a puntuación seguinte á correspondente á da obtida polo dito equipo, co tope máximo dos 40 puntos do grupo 1.

– Club de modalidade deportiva con máis de 500.000 licenzas no ámbito nacional, con equipo en categoría previa á absoluta participante na liga do segundo máximo nivel da dita categoría, acadará a puntuación do grupo 4 (10 puntos). No caso de obter unha puntuación igual ou maior por un equipo en categoría absoluta, obterá a puntuación seguinte á correspondente á da obtida polo dito equipo, co tope máximo dos 40 puntos do grupo 1.

– Club de modalidade deportiva con máis de 200.000 licenzas no ámbito nacional, con equipo en categoría previa á absoluta participante na liga do máximo nivel da dita categoría, acadará a puntuación do grupo 4 (10 puntos). No caso de obter unha puntuación igual ou maior por un equipo en categoría absoluta, obterá a puntuación seguinte á correspondente á da obtida polo dito equipo, co tope máximo dos 40 puntos do grupo 1.

b) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por concentracións ou probas puntuais, para a adxudicación dos puntos atenderase ao número de pódiums acadados polos deportistas da entidade nos campionatos de España oficiais das diferentes modalidades/especialidades deportivas de categoría absoluta.

Grupo 1: 40 puntos: 8 e máis.

Grupo 2: 35 puntos: 7.

Grupo 3: 30 puntos: 6.

Grupo 4: 25 puntos: 5.

Grupo 5: 20 puntos: 4.

Grupo 6: 15 puntos: 3.

Grupo 7: 10 puntos: 2.

Grupo 8: 5 puntos: 1.

Respecto da aplicación obxectiva do baremo anterior, realízanse dúas atencións singulares:

– Atletismo: esta modalidade ten, á marxe das competicións oficiais de tipo concentrado, outra competición de características similares ás definidas nestas bases para as competicións tipo liga, que é de gran relevancia nesta modalidade deportiva e na cal participan as mellores entidades deportivas de España. Así, as entidades deportivas que, ademais de participaren en competicións de tipo concentrado tamén participasen na liga do 1º nivel de ámbito nacional, obterán a puntuación do grupo 1, e as que participasen na liga do 2º nivel de ámbito nacional obterán a puntuación do grupo 3, salvo no caso de que obtivesen unha puntuación superior por pódiums nos campionatos de España de categoría absoluta. No caso de que unha entidade tivese equipos nas dúas ligas, obterá a puntuación do grupo superior.

– Remo: esta modalidade ten, á marxe das competicións oficiais de tipo concentrado, outra competición de características similares ás definidas nestas bases para as competicións tipo liga, que é de gran relevancia nesta modalidade deportiva e na cal participan as mellores entidades deportivas de España. Así, as entidades deportivas que, ademais de participaren en competicións de tipo concentrado, tamén participasen na liga do máximo nivel de ámbito nacional, puntuaranse no grupo 1 no caso de que a competición tivese 12 ou máis xornadas, e no grupo 3 se tivese menos, salvo no caso de que obtivesen unha puntuación superior por pódiums nos campionatos de España de categoría absoluta. No caso de que unha entidade tivese equipos nas dúas ligas, obterá a puntuación do grupo superior.

B. Número de deportistas da entidade con licenza federativa nas categorías previas á absoluta, na absoluta e femininas, así como número de licenzas de adestradores da entidade tramitadas: ata 30 puntos.

– Categorías previas á absoluta: ata 18 puntos.

Grupo 1: 18 puntos: 170 e máis.

Grupo 2: 15 puntos: 100 a 169.

Grupo 3: 10 puntos: 50 a 99.

Grupo 4: 5 puntos: 20 a 49.

Grupo 5: 2 puntos: 10 a 19.

– Categoría absoluta: ata 5 puntos.

Grupo 1: 5 puntos: 80 e máis.

Grupo 2: 4 puntos: 60 a 79.

Grupo 3: 3 puntos: 40 a 59.

Grupo 4: 2 puntos: 20 a 39.

Grupo 5: 1 punto: 10 a 19.

– Femininas: ata 3 puntos.

Grupo 1: 3 puntos: 50 e máis.

Grupo 2: 2 puntos: 35 a 49.

Grupo 3: 1 punto: 10 a 34.

– Adestradores: ata 4 puntos.

Grupo 1: 4 puntos: 11 e máis.

Grupo 2: 3 puntos: 6 a 10.

Grupo 3: 2 puntos: 3 a 5.

Grupo 4: 1 punto: 1 a 2.

C. Número de equipos da entidade participantes nas ligas A dos deportes colectivos da campaña de deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte: ata 12 puntos.

Grupo 1: 12 puntos: 4 equipos ou máis.

Grupo 2: 10 puntos: 3 equipos.

Grupo 3: 7 puntos: 2 equipos.

Grupo 4: 4 puntos: 1 equipo.

D. Participación nas principais competicións oficiais de ámbito nacional: ata 10 puntos.

Dada a maior relevancia deportiva dos deportes olímpicos/paralímpicos, valoraranse de forma diferenciada as entidades que, nas principais competicións oficiais de ámbito nacional, participasen, nalgún caso, en probas de tipo olímpico/paralímpico.

Igualmente, valoraranse de forma diferenciada, dadas as súas especiais necesidades loxísticas, as entidades dos deportes náuticos olímpicos/paralímpicos de piragüismo, remo e vela, e que tamén nas principais competicións oficiais de ámbito nacional participasen, nalgún caso, en probas de tipo olímpico/paralímpico.

Así, establécense os seguintes grupos de puntuación, en función do número de deportistas da entidade participantes nas principais competicións oficiais de ámbito nacional:

– Modalidades/especialidades náuticas olímpicas/paralímpicas de piragüismo, remo e vela.

Grupo 1: 10 puntos: 50 e máis.

Grupo 2: 8 puntos: 30 a 49.

Grupo 3: 6 puntos: 20 a 29.

Grupo 4: 4 puntos: 10 a 19.

Grupo 5: 2 puntos: 4 a 9.

– Resto das modalidades/especialidades olímpicas/paralímpicas.

Grupo 1: 10 puntos: 60 e máis.

Grupo 2: 8 puntos: 40 a 59.

Grupo 3: 6 puntos: 20 a 39.

Grupo 4: 4 puntos: 15 a 19.

Grupo 5: 2 puntos: 11 a 14.

– Modalidades/especialidades non olímpicas/paralímpicas.

Grupo 1: 10 puntos: 70 e máis.

Grupo 2: 8 puntos: 60 a 69.

Grupo 3: 6 puntos: 40 a 59.

Grupo 4: 4 puntos: 20 a 39.

Grupo 5: 2 puntos: 15 a 19.

a) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por ligas, para a adxudicación dos puntos atenderase ao número de equipos e deportistas da entidade que participasen na liga nacional do máximo nivel de categoría absoluta, ao número de equipos e deportistas que participasen no campionato de España de clubs en calquera das categorías previas á absoluta, así como ao número de equipos e deportistas de categoría absoluta que, non participando na liga nacional do máximo nivel, participasen en ligas compostas por equipos de, polo menos, tres comunidades autónomas.

b) No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas de competición principal por concentracións ou probas puntuais, para a adxudicación dos puntos atenderase ao número de deportistas da entidade participantes en calquera das dúas competicións deportivas oficiais de ámbito nacional máis relevantes para a modalidade, das cales unha será obrigatoriamente o campionato de España e a outra pode ser a Copa do Rei/Raíña ou a Copa de España, ou, noutro caso, outra similar en canto ao nivel deportivo, en categoría absoluta e/ou inferiores.

E. Número de deportistas da entidade na categoría absoluta e/ou inferiores que participasen coa selección española correspondente en competicións oficiais de ámbito internacional: ata 5 puntos.

Grupo 1: 5 puntos: 9 e máis.

Grupo 2: 4 puntos: 7 a 8.

Grupo 3: 3 puntos: 5 a 6.

Grupo 4: 2 puntos: 3 a 4.

Grupo 5: 1 punto: 1 a 2.

F. Pola participación da entidade na actividade denominada «Coñece o meu club», integrada dentro do programa Xogade: 1 punto.

G. Pola adhesión ao manifesto pola igualdade no deporte: 1 punto.

H. No caso de que sexa unha muller quen ocupe a presidencia, vicepresidencia ou secretaría xeral da entidade: 1 punto.

Este cargo deberá ser ocupado con anterioridade á data de publicación da correspondente convocatoria de subvencións.

I. Por encontros/xornadas disputados fóra de Galicia con motivo da participación en fases de ascenso a ligas regulares de ámbito supraautonómico: ata 20 puntos.

Grupo 1: 20 puntos: 3 ou máis encontros/xornadas.

Grupo 2: 15 puntos: 2 encontros/xornadas.

Grupo 3: 10 puntos: 1 encontro/xornada.

7.1.2. Agrupacións deportivas escolares:

Para a asignación dos puntos establecidos nos diferentes grupos de puntuación de cada criterio de determinación do importe da subvención, teranse en conta os datos certificados polos correspondentes servizos provinciais de deportes.

A. Número de modalidades deportivas, ata 20 puntos.

Grupo 1: 20 puntos: 15 e máis.

Grupo 2: 16 puntos: 14.

Grupo 3: 12 puntos: 10 a 13.

Grupo 4: 8 puntos: 6 a 9.

Grupo 5: 4 puntos: 3 a 5.

B. Número de equipos, ata 20 puntos.

Grupo 1: 20 puntos: 775 e máis.

Grupo 2: 16 puntos: 490 a 774.

Grupo 3: 12 puntos: 200 a 489.

Grupo 4: 8 puntos: 85 a 199.

Grupo 5: 4 puntos: 1 a 84.

C. Número de participantes totais, tendo en conta todas as modalidades deportivas, ata 20 puntos.

Grupo 1: 20 puntos: 8.000 e máis.

Grupo 2: 16 puntos: 5.800 a 7.999.

Grupo 3: 12 puntos: 1.500 a 5.799.

Grupo 4: 8 puntos: 1.000 a 1.499.

Grupo 5: 4 puntos: 1 a 999.

D. Número de entidades participantes, ata 20 puntos.

Grupo 1: 20 puntos: 100 e máis.

Grupo 2: 16 puntos: 90 a 99.

Grupo 3: 12 puntos: 30 a 89.

Grupo 4: 8 puntos: 11 a 29.

Grupo 5: 4 puntos: 1 a 10.

E. Número de actividades deportivas realizadas en idade escolar incluídas no programa Xogade (Xogos Galegos deportivos), ata 20 puntos.

Grupo 1: 20 puntos: 25 e máis.

Grupo 2: 15 puntos: 18 a 24.

Grupo 3: 10 puntos: 12 a 17.

Grupo 4: 7 puntos: 6 a 11.

Grupo 5: 4 puntos: 3 a 5.

Nas modalidades deportivas nas cales a competición se realice nun sistema de liga, entenderase como unha actividade cada unha das ligas organizadas, independentemente do número de xornadas, categorías e sexos.

Nas modalidades deportivas nas cales a competición non se realice nun sistema de liga, entenderase como unha actividade cada unha das probas clasificatorias, comarcais, provinciais ou autonómica.

Artigo 8. Contía da subvención

8.1. O importe das subvencións será o resultado aritmético da regra de tres de asignar á puntuación máxima que se pode obter (120 puntos), o importe máximo que se pode conceder (29.999 € no caso dos clubs e das sociedades anónimas deportivas e 15.000 € no caso das agrupacións deportivas escolares).

Procederase ao rateo proporcional dos importes inicialmente adxudicados ás distintas solicitudes no caso de que o crédito dispoñible resulte insuficiente para atendelas.

8.2. No caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas con participación en competicións oficiais de máis dunha federación, farase un cálculo diferenciado para cada unha das seccións, asignándolles cantidades diferenciadas que se sumarán ata acadar a contía definitiva, que non superará en ningún caso os 29.999 €.

8.3. De ser o caso, para a determinación do importe das subvencións outorgadas ás sociedades anónimas deportivas, teranse en conta as axudas suxeitas ao réxime de minimis recibidas en calquera dos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

8.4. Todos os solicitantes que non obteñan unha puntuación mínima de 5 (cinco) puntos non acadarán a condición de beneficiario, excepto as entidades participantes nas competicións deportivas oficiais dirixidas a persoas con algunha discapacidade. Neste último caso deberán obter unha puntuación mínima de 3 (tres) puntos.

Artigo 9. Resolución e notificación

9.1. Analizadas as solicitudes polo órgano instrutor, este, á vista do expediente e do informe da Comisión, formulará a proposta motivada de resolución, que será elevada ao titular da Secretaría Xeral para o Deporte, encargado de resolver sobre a concesión ou denegación das solicitudes presentadas.

9.2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución non poderá exceder cinco meses, contado desde o día seguinte á data de publicación da correspondente convocatoria no DOG. Esgotado este prazo sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente por silencio administrativo.

9.3. De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación levarase a cabo mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, con indicación neste caso da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da subvención outorgada. Así mesmo, relacionaranse as solicitudes desestimadas con expresión dos motivos da desestimación.

9.4. No caso das sociedades anónimas deportivas, e con base no establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L352/1, do 24 de decembro), informarase por escrito ao posible beneficiario sobre o importe da axuda (expresado en equivalente bruto de subvención) e sobre o seu carácter de minimis, facendo referencia expresa ao regulamento citado.

9.5. Notificada a resolución polo órgano concedente, o beneficiario disporá dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Artigo 10. Publicación

A resolución publicarase nos termos previstos no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e de bo goberno, expresando beneficiario, finalidade, contía e aplicación orzamentaria.

Artigo 11. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente resolución de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o secretario xeral para o Deporte no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 12. Modificación da resolución

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou por calquera dos seus organismos, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 13. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o titular da Secretaría Xeral para o Deporte ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da mesma lei.

Artigo 14. Xustificación da subvención

14.1. A solicitude de aboamento da axuda concedida deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Declaración de conxunto de todas as solicitudes de subvención efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados, actualizada na data da xustificación.

b) De conformidade co disposto no artigo 51 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios presentarán unha conta xustificativa simplificada que conterá a seguinte documentación:

1. Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2. Relación clasificada dos gastos efectuados e pagados por un importe equivalente, polo menos, ao da subvención concedida. Esta relación deberá conter a identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

Esta relación de gastos deberá referirse:

2.A. No ámbito dos clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas, e en canto á participación dos seus equipos e deportistas nas competicións deportivas oficiais, os gastos referiranse aos seguintes conceptos:

a) Licenzas federativas aboadas.

b) Seguros deportivos aboados e outros seguros contratados, relacionados coa actividade deportiva, que non fosen obxecto doutras axudas, subvencións ou achegas desta ou doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

c) Inscricións en competicións oficiais aboadas e outros gastos propios do calendario que asumirá o club por normativa de competición.

d) Gastos de arbitraxes.

e) Gastos de adestradores/as.

f) Gastos relacionados co transporte e medios de transporte utilizados para asistir a adestramentos e competicións.

g) Gastos de manutención e aloxamento para asistir ao calendario de competicións.

h) Material deportivo non inventariable (balóns, equipacións, etc.).

i) Produtos básicos de farmacia/caixa de urxencias.

j) Gastos de ambulancias no desenvolvemento de eventos deportivos.

k) Alugamento de instalacións deportivas para o desenvolvemento de adestramentos ou competicións.

l) Gastos derivados da contratación de persoal, incluíndo salario, cotas da Seguridade Social e as retencións do IRPF practicadas. En canto ás relacións de responsabilidade que deriven dese carácter contractual entre a entidade beneficiaria e o persoal contratado, serán de única e exclusiva responsabilidade da entidade beneficiaria.

2.B. No ámbito das agrupacións deportivas escolares, e en canto á participación nas competicións e programas deportivos incluídos no programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte, os gastos referiranse aos seguintes conceptos:

a) Gastos de organización (material de oficina, comunicacións, desprazamentos, persoal de apoio, arbitraxe e calquera outro relacionado e directamente imputables á organización da actividade).

b) Material deportivo non inventariable (balóns, equipacións, etc.).

3. No caso das S.A.D., certificacións acreditativas de que a entidade está ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria e a Seguridade Social e de non ter débedas por ningún concepto coa Xunta de Galicia.

14.2. O órgano concedente comprobará, mediante a aplicación de técnicas de mostraxe, un número de expedientes significativo, coa finalidade de obter a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención, para o cal poderá requirir á entidade beneficiaria a remisión da totalidade dos documentos xustificativos e, en todo caso, procederá a requirirlle a totalidade dos ditos documentos cando, das comprobacións realizadas, non se acade a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención. Para estes efectos, e consonte o artigo 42.3 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de importes inferiores a 1.000 € a documentación acreditativa do gasto e do pagamento poderá consistir no correspondente xustificante de recepción do provedor.

14.3. A Secretaría Xeral para o Deporte poderá solicitar as aclaracións ou informes dos medios de xustificación que considere oportunos.

14.4. A documentación sinalada neste artigo será presentada por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a través dos servizos provinciais de Deportes, ante a Secretaría Xeral para o Deporte, ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) no caso daquelas entidades que optaron por esta vía á hora de presentar a solicitude.

Artigo 15. Pagamento

15.1. Os beneficiarios das subvencións deberán solicitar o aboamento da axuda concedida no momento sinalado na correspondente convocatoria.

15.2. O pagamento da subvención queda condicionado á presentación da documentación xustificativa sinalada no artigo anterior.

15.3. O importe da subvención farase efectivo nun único pagamento na conta bancaria indicada na solicitude de aboamento da axuda.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

16.1. As entidades que resulten beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución estarán obrigadas a cumprir o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e en particular a adoptar as seguintes medidas de identificación, información e publicidade da subvención concedida:

a) Incluír o logotipo da Secretaría Xeral para o Deporte, dispoñible para os efectos na páxina web http://deporte.xunta.gal/, nos medios de comunicación da entidade. Así mesmo, os clubs que compitan a nivel estatal deberán incluír no vestiario deportivo oficial o citado logotipo.

b) Colaborar nas actividades programadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e, especialmente, mediante a participación dos xogadores, adestradores e equipo técnico nas actividades, cursos, conferencias ou clínics dirixidos a deportistas de base e á comunidade educativa.

c) Facilitar a incorporación dos deportistas nas convocatorias das seleccións galegas para participar en torneos ou campionatos oficiais ou amigables.

d) Conservar, nos seguintes catro anos, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

e) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. En todo caso, e segundo o artigo 49.1.h) da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2011, os beneficiarios das subvencións acollidas a esta resolución quedan exentos de achegar os xustificantes das anteriores obrigas.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das actividades subvencionadas por parte da Secretaría Xeral para o Deporte, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 17 das presentes bases.

16.2. Os beneficiarios das subvencións quedan sometidos ás actuacións de control financeiro que correspondan á Consellería de Facenda e ás previstas na lexislación do Consello de Contas ou do Tribunal de Contas.

Artigo 17. Incumprimento, reintegros e sancións

17.1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver totalmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

17.2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

17.3. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases reguladoras seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Control

As subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, se é o caso, dos servizos da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 19. Remisión normativa

En todo o non previsto nestas bases rexerá a normativa xeral en materia de subvencións constituída pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da norma anteriormente citada; así como polos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, conxunto normativo en que se establecen os requisitos xerais das subvencións concedidas pola Administración autonómica, tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte