Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39301

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 120/2016, do 1 de setembro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de agosto do ano 2016.

Durante o mes de agosto de 2016 unha vaga de incendios forestais ameazou o territorio da nosa comunidade autónoma, nunha situación de extrema dificultade derivada da combinación de altas temperaturas, unha seca prolongada, vento e incendiarios, que causaron graves danos en diversos bens de titularidade pública e privada.

A existencia deste tipo de situacións de emerxencia de natureza catastrófica trouxo consigo danos con repercusión no ámbito económico e social, o que fai necesario articular mecanismos de colaboración e cooperación entre todas as administracións implicadas, en concreto, mediante o establecemento dun sistema de axudas que palíen os danos causados polos incendios, que atendan as situacións de necesidade en que se puidesen atopar os colectivos directamente afectados, e mesmo contribúan a restaurar os valores naturais e a reactivar a actividade económica das zonas afectadas.

Xa o propio ditame do Comité das Rexións (2010/C 79/04) establece a necesidade dunha resposta inmediata e directa ante a existencia de calquera situación de natureza catastrófica.

O artigo 38 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, prevé a actuación das administracións públicas, dentro das súas respectivas competencias, para o restablecemento dos servizos esenciais para a comunidade afectada pola situación de emerxencia, así como o establecemento de axudas en atención ás necesidades derivadas das ditas situacións cando teñan natureza catastrófica.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 31 de marzo de 2010, adoptou o acordo polo que se establecen as directrices básicas de actuación coa finalidade de restablecer os servizos esenciais afectados como consecuencia dunha catástrofe ou calamidade, así como de protexer a integridade das persoas e bens de titularidade pública ou privada e mais os danos provocados por estas situacións.

Deste xeito, establécese un protocolo de actuación que deberá ser seguido nestas situacións, de modo que, mediante decreto, se acorde a oportunidade de outorgar axudas destinadas á reparación dos danos e perdas causados.

Logo de informe da Axencia Galega de Emerxencias, o episodio dos incendios que asolaron o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante o mes de agosto de 2016 declárase como de natureza catastrófica.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, tras o informe da Axencia Galega de Emerxencias do 18 de agosto de 2016, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de setembro de dous mil dezaseis

DISPOÑO:

Artigo 1. Ámbito de aplicación

As axudas previstas neste decreto aplicaranse á reparación dos danos orixinados polos incendios acontecidos durante o mes de agosto de 2016 no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos e nas contías máximas que se establezan nel, así como nas correspondentes convocatorias que o apliquen, e preferentemente nos termos municipais e núcleos de poboación indicados no anexo deste decreto.

Artigo 2. Natureza das axudas

1. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarios os afectados.

2. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas neste decreto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou da contía ou porcentaxe deste que se fixe nas correspondentes convocatorias.

Artigo 3. Réxime xurídico

1. O procedemento de concesión rexerase polo establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

2. As axudas poderanse outorgar en réxime de concesión directa por mor do interese público, social, económico e humanitario derivado das excepcionais circunstancias que concorren neste caso, e concederanse nos termos e condicións que se establezan nas súas correspondentes bases reguladoras.

Artigo 4. Réxime de contratación

1. Para os efectos previstos no artigo 113 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, terán a consideración de obras, servizos, adquisicións ou subministracións de emerxencia os de reparación ou mantemento do servizo de infraestruturas ou equipamentos, así como as obras de reposición de bens prexudicados polos incendios.

2. Para estes efectos, inclúense entre as infraestruturas as estradas, as de transportes, as eléctricas, as hidráulicas e as forestais.

3. Declararase urxente a ocupación dos bens afectados polas expropiacións derivadas da realización das obras a que se refire este artigo, para os efectos establecidos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Artigo 5. Beneficiarios

1. Poderán solicitar as axudas, nos termos que se establezan neste decreto e nas convocatorias que se aproben, os seguintes beneficiarios:

a) As persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sufrisen danos que afecten tanto o inmoble como o enxoval.

b) Os titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen danos derivados directamente dos incendios.

c) Os titulares de explotacións forestais, agrícolas e gandeiras, polos danos e perdas derivados directamente dos incendios, así como os titulares de maquinaria afectada por incendios forestais.

d) As entidades locais, para facer fronte aos gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e aos danos causados nos bens e dereitos de titularidade municipal polos incendios.

2. Os prazos para a presentación de solicitudes determinaranse nas disposicións que se diten en desenvolvemento deste decreto.

Artigo 6. Axudas por danos persoais

As axudas por danos persoais concederanse por falecemento, por incapacidade absoluta permanente e por lesións que causasen a hospitalización da persoa ferida cando o feito causante teña a súa orixe nos acontecementos obxecto de regulación neste decreto.

O importe desta axuda será para o caso de falecemento e incapacidade permanente absoluta de 18.000 euros, e de entre 60 e 103 euros por día de hospitalización, sen que en ningún caso se poidan superar as contías que resultan de aplicar o sistema para a valoración dos danos e perdas causados ás persoas en accidentes de circulación, recollido no texto refundido da Lei sobre responsabilidade civil e seguro na circulación de vehículos de motor, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2004, do 29 de outubro.

Artigo 7. Axudas para reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados

1. Será obxecto de axuda a reparación dos danos causados polos incendios nas seguintes infraestruturas de titularidade privada situadas en terreos forestais:

a) Pistas forestais.

b) Captacións de auga.

c) Cerramentos e os seus complementos.

d) Bebedoiros.

e) Comedeiros.

2. Así mesmo, será obxecto de axuda a reparación dos danos causados na maquinaria e equipamento agrícola ou forestal ocasionados en tarefas de colaboración nos labores de extinción de incendios forestais, na medida en que non fose cuberta pola Administración xeral do Estado.

3. Poderán ser obxecto tamén de axuda aquelas plantacións privadas nas condicións que se establezan, así como aqueles amoreamentos de madeira cortada afectada polos incendios forestais.

Artigo 8. Axudas por danos causados en vivendas e enxoval doméstico

1. Serán obxecto de axuda os danos causados polos incendios sinalados anteriormente na vivenda que constitúa a residencia permanente e habitual dos seus moradores e nas súas instalacións complementarias, na parte non comprendida tanto polas axudas que aproben outras administracións públicas como por calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, de que poidan ser beneficiarios os afectados, e polo importe correspondente ata cubrir como máximo o 100 % do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe da dita axuda, en conxunto, poida superar o límite do 75 % do prezo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade.

2. Serán obxecto de axuda os danos causados no resto das vivendas ata acadar o 40 % do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe da dita axuda poida superar o 40 % do 75 % do prezo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade. As vivendas deberán dedicarse, polo menos, a vivenda ocasional, e quedan excluídas destas axudas as edificacións ruinosas e as que estean en manifesto abandono.

3. Para os efectos deste artigo entenderase por vivenda as construcións anexas e instalacións complementarias e elementos comúns no caso de comunidades de propietarios. Como instalacións complementarias entenderanse as construcións e equipamentos de apoio á economía e vida familiar tales como pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo, instalacións eléctricas e de iluminación, instalacións de telecomunicacións etc., sempre e cando estean situadas no mesmo predio da vivenda. No mesmo sentido entenderase como construción ou instalación complementaria o cerramento preexistente do predio en que está a vivenda. En calquera caso, o importe máximo de axudas polo concepto de danos en instalacións complementarias non poderá ser superior a 3.000 euros.

4. Serán igualmente obxecto de axudas os danos sufridos no enxoval doméstico de primeira necesidade cando non estivesen incluídos nas axudas que para o mesmo efecto puidesen aprobar outras administracións. O importe da axuda será de ata o 100 % ou de ata o 40 % dos gastos de reparación ou reposición en función de que o enxoval sexa o da vivenda habitual e permanente ou o da vivenda ocasional, respectivamente.

Artigo 9. Axudas por danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís

1. Serán obxecto de axuda os danos provocados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantís como consecuencia dos estragos ocasionados polos incendios nas súas edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías nelas depositadas, así coma nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades.

2. Quedarán excluídas da percepción destas axudas as actividades de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

Artigo 10. Axudas por danos nas explotacións agrícolas ou gandeiras

Respectando os criterios establecidos pola Unión Europea nas Directrices comunitarias sobre axudas estatais nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais de 2014 a 2020, os titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras que sufrisen perdas da súa produción por mor dos incendios poderán ser beneficiarios das axudas polos danos sufridos nas explotacións que estean situadas no ámbito xeográfico sinalado no artigo 1.

Artigo 11. Axudas ás entidades locais

1. Serán obxecto de axudas os gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e os danos causados nos bens de titularidade municipal prexudicados polos incendios.

Estas axudas terán, en todo caso, carácter complementario ás que sexan aprobadas por outras administracións.

2. Quedarán excluídas as infraestruturas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

Artigo 12. Convenios con outras administracións públicas e entidades colaboradoras

1. A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia propiciará a subscrición co resto das administracións públicas e coas entidades colaboradoras dos convenios de colaboración que exixa a aplicación deste decreto con vistas ao cofinanciamento das actuacións.

2. Nos convenios de colaboración deberase fixar a forma en que se librarán os fondos ás entidades locais para proceder á reparación dos danos causados nas infraestruturas públicas e o restablecemento dos servizos públicos e nos subscritos coas entidades colaboradoras as condicións e obrigas asumidas por estas consonte o disposto no artigo 13 da Lei 9/2007, de subvencións en Galicia.

Artigo 13. Financiamento

1. As axudas públicas reguladas neste decreto financiaranse con cargo aos orzamentos das respectivas consellerías afectadas. Para estes efectos realizaranse, de ser o caso, as modificacións de crédito que sexan necesarias.

2. En todo caso a concesión das axudas estará subordinada á existencia de crédito adecuado e suficiente.

Disposición adicional primeira

O pagamento das axudas establecidas nos artigos 7, 9 e 10 estará en todo caso condicionado a que exista normativa comunitaria que habilite as ditas axudas ou a que, de ser o caso, os órganos competentes da Unión Europea adopten unha decisión de non formular obxeccións ou declaren a subvención compatible co mercado común e nos termos en que a dita declaración se realice, aspecto este que deberá constar no acto administrativo de concesión.

Disposición adicional segunda

Facúltase a Consellería do Medio Rural para que no ámbito das súas competencias poida realizar directamente actuacións de reparación, restauración ou mitigacións dos danos e efectos causados polos incendios forestais, en montes veciñais, montes de varas ou Sofor.

As ditas actuacións tamén se poderán realizar en terreos particulares cando a súa eficacia exceda os límites das parcelas.

As ditas actuacións, entre outras, poderanse referir á mellora de pistas e outras infraestruturas forestais de transporte, captacións de auga e evacuación de augas de escorremento. Así mesmo, en actuacións de reparación e reposición de peches gandeiros e as súas instalacións complementarias afectadas por incendios, así como a realización daqueles peches alternativos para soster as cabanas afectadas, e a subministración de balas de palla para o mantemento de cabanas afectadas.

Son tamén actuacións elixibles aquelas orientadas á restauración do potencial forestal, incluíndo as sementeiras rexenerativas, accións de consolidacións de solos queimados, eliminación de madeira queimada non comercial ou novas plantacións substitutorias.

Disposición derradeira primeira

Impulsarase a creación dunha comisión coa Administración do Estado, coas deputacións provinciais e coas administracións locais afectadas, co fin de determinar, no seu seo, as cantidades que achegará cada unha delas para a asunción dos danos e, de ser o caso, o sinalamento e identificación dos que serán reparados ou sufragados por cada Administración.

Disposición derradeira segunda

Facúltanse os distintos titulares das consellerías e das entidades do sector público para que, no ámbito das súas competencias, diten as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto, adoptando as medidas necesarias para a súa aplicación.

Para os ditos efectos entenderanse competentes para a concesión das axudas previstas neste decreto as seguintes consellerías:

– Axudas por danos persoais, a Consellería de Facenda.

– Axudas para reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados, a Consellería do Medio Rural.

– Axudas por danos causados en vivendas e instalacións complementarias, o Instituto Galego de Vivenda e Solo.

– Axudas para compensar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís incluídos no seu ámbito competencial, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ou a Axencia Turismo de Galicia.

– Axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas e gandeiras, a Consellería do Medio Rural.

– Axudas ás entidades locais ou actuacións directas sobre os seus bens, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Consellería do Medio Rural, no ámbito das súas respectivas competencias e funcións.

Disposición derradeira terceira

Facúltase a Consellería de Facenda para adoptar as medidas financeiras e orzamentarias consecuentes para facer fronte ás situacións de carácter extraordinario, derivadas dos incendios acontecidos durante o mes de agosto de 2016, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, que adopte a Xunta de Galicia para a reparación dos danos causados.

Disposición derradeira cuarta

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, un de setembro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO
Termos municipais e núcleos de poboación afectados aos cales
serán de aplicación as axudas

Provincia

Zona

Concello

A Coruña

Interior da Coruña

Ames

A Coruña

Interior da Coruña

Aranga

A Coruña

Interior da Coruña

Brión

A Coruña

Interior da Coruña

Curtis

A Coruña

Interior da Coruña

Frades

A Coruña

Interior da Coruña

Mesía

A Coruña

Interior da Coruña

Monfero

A Coruña

Interior da Coruña

Negreira

A Coruña

Interior da Coruña

Ordes

A Coruña

Interior da Coruña

Oroso

A Coruña

Interior da Coruña

Pino (O)

A Coruña

Interior da Coruña

Pontes de García Rodríguez (As)

A Coruña

Interior da Coruña

Santa Comba

A Coruña

Interior da Coruña

Santiago de Compostela

A Coruña

Interior da Coruña

Santiso

A Coruña

Interior da Coruña

Teo

A Coruña

Interior da Coruña

Toques

A Coruña

Interior da Coruña

Tordoia

A Coruña

Interior da Coruña

Touro

A Coruña

Interior da Coruña

Val do Dubra

A Coruña

Interior da Coruña

Valdoviño

A Coruña

Interior da Coruña

Vedra

A Coruña

Noroeste da Coruña

Ares

A Coruña

Noroeste da Coruña

Arteixo

A Coruña

Noroeste da Coruña

Betanzos

A Coruña

Noroeste da Coruña

Carballo

A Coruña

Noroeste da Coruña

Cerceda

A Coruña

Noroeste da Coruña

Cesuras

A Coruña

Noroeste da Coruña

Coristanco

A Coruña

Noroeste da Coruña

Ferrol

A Coruña

Noroeste da Coruña

Laracha (A)

A Coruña

Noroeste da Coruña

Mañón

A Coruña

Noroeste da Coruña

Miño

A Coruña

Noroeste da Coruña

Narón

A Coruña

Noroeste da Coruña

Ortigueira

A Coruña

Noroeste da Coruña

Oza dos Ríos

A Coruña

Noroeste da Coruña

Paderne

A Coruña

Noroeste da Coruña

Pontedeume

A Coruña

Noroeste da Coruña

Sada

A Coruña

Oeste da Coruña

Camariñas

A Coruña

Oeste da Coruña

Carnota

A Coruña

Oeste da Coruña

Cee

A Coruña

Oeste da Coruña

Fisterra

A Coruña

Oeste da Coruña

Mazaricos

A Coruña

Oeste da Coruña

Muxía

A Coruña

Oeste da Coruña

Vimianzo

A Coruña

Oeste da Coruña

Zas

A Coruña

Suroeste da Coruña

Boiro

A Coruña

Suroeste da Coruña

Dodro

A Coruña

Suroeste da Coruña

Lousame

A Coruña

Suroeste da Coruña

Muros

A Coruña

Suroeste da Coruña

Padrón

A Coruña

Suroeste da Coruña

Pobra do Caramiñal (A)

A Coruña

Suroeste da Coruña

Porto do Son

A Coruña

Suroeste da Coruña

Rianxo

A Coruña

Suroeste da Coruña

Ribeira

A Coruña

Suroeste da Coruña

Rois

Lugo

A Mariña

Cervo

Lugo

A Mariña

Ribadeo

Lugo

A Mariña

Valadouro (O)

Lugo

Centro de Lugo

Abadín

Lugo

Centro de Lugo

Antas de Ulla

Lugo

Centro de Lugo

Castroverde

Lugo

Centro de Lugo

Corgo (O)

Lugo

Centro de Lugo

Cospeito

Lugo

Centro de Lugo

Friol

Lugo

Centro de Lugo

Guitiriz

Lugo

Centro de Lugo

Guntín

Lugo

Centro de Lugo

Láncara

Lugo

Centro de Lugo

Lugo

Lugo

Centro de Lugo

Monterroso

Lugo

Centro de Lugo

Outeiro de Rei

Lugo

Centro de Lugo

Palas de Rei

Lugo

Centro de Lugo

Paradela

Lugo

Centro de Lugo

Portomarín

Lugo

Centro de Lugo

Sarria

Lugo

Centro de Lugo

Vilalba

Lugo

Montaña de Lugo

Baleira

Lugo

Montaña de Lugo

Baralla

Lugo

Montaña de Lugo

Becerreá

Lugo

Montaña de Lugo

Cervantes

Lugo

Montaña de Lugo

Folgoso do Courel

Lugo

Montaña de Lugo

Fonsagrada (A)

Lugo

Montaña de Lugo

Negueira de Muñiz

Lugo

Montaña de Lugo

Pedrafita do Cebreiro

Lugo

Montaña de Lugo

Samos

Lugo

Montaña de Lugo

Triacastela

Lugo

Sur de Lugo

Bóveda

Lugo

Sur de Lugo

Carballedo

Lugo

Sur de Lugo

Monforte de Lemos

Lugo

Sur de Lugo

Pantón

Lugo

Sur de Lugo

Quiroga

Lugo

Sur de Lugo

Ribas de Sil

Lugo

Sur de Lugo

Saviñao (O)

Lugo

Sur de Lugo

Sober

Ourense

Miño de Ourense

Cartelle

Ourense

Miño de Ourense

Cenlle

Ourense

Miño de Ourense

Cortegada

Ourense

Miño de Ourense

Melón

Ourense

Miño de Ourense

Ourense

Ourense

Miño de Ourense

Padrenda

Ourense

Miño de Ourense

Pereiro de Aguiar (O)

Ourense

Miño de Ourense

Ribadavia

Ourense

Miño de Ourense

San Cibrao das Viñas

Ourense

Miño de Ourense

Toén

Ourense

Montaña de Ourense

Carballeda de Valdeorras

Ourense

Montaña de Ourense

Castro Caldelas

Ourense

Montaña de Ourense

Gudiña (A)

Ourense

Montaña de Ourense

Mezquita (A)

Ourense

Montaña de Ourense

Montederramo

Ourense

Montaña de Ourense

Pobra de Trives (A)

Ourense

Montaña de Ourense

Riós

Ourense

Montaña de Ourense

San Xoán de Río

Ourense

Montaña de Ourense

Viana do Bolo

Ourense

Montaña de Ourense

Vilariño de Conso

Ourense

Noroeste de Ourense

Amoeiro

Ourense

Noroeste de Ourense

Avión

Ourense

Noroeste de Ourense

Boborás

Ourense

Noroeste de Ourense

Coles

Ourense

Noroeste de Ourense

Irixo (O)

Ourense

Noroeste de Ourense

Maside

Ourense

Noroeste de Ourense

San Cristovo de Cea

Ourense

Noroeste de Ourense

Vilamarín

Ourense

Sur de Ourense

Baltar

Ourense

Sur de Ourense

Baños de Molgas

Ourense

Sur de Ourense

Celanova

Ourense

Sur de Ourense

Cualedro

Ourense

Sur de Ourense

Entrimo

Ourense

Sur de Ourense

Gomesende

Ourense

Sur de Ourense

Laza

Ourense

Sur de Ourense

Lobeira

Ourense

Sur de Ourense

Lobios

Ourense

Sur de Ourense

Monterrei

Ourense

Sur de Ourense

Muíños

Ourense

Sur de Ourense

Oímbra

Ourense

Sur de Ourense

Quintela de Leirado

Ourense

Sur de Ourense

Rairiz de Veiga

Ourense

Sur de Ourense

Sandiás

Ourense

Sur de Ourense

Sarreaus

Ourense

Sur de Ourense

Trasmiras

Ourense

Sur de Ourense

Verea

Ourense

Sur de Ourense

Verín

Ourense

Sur de Ourense

Vilar de Barrio

Ourense

Sur de Ourense

Vilardevós

Ourense

Sur de Ourense

Xinzo de Limia

Ourense

Sur de Ourense

Xunqueira de Ambía

Ourense

Valdeorras

Barco de Valdeorras (O)

Ourense

Valdeorras

Larouco

Ourense

Valdeorras

Petín

Ourense

Valdeorras

Rubiá

Ourense

Valdeorras

Vilamartín de Valdeorras

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Campo Lameiro

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Cañiza (A)

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Cerdedo

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Cotobade

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Covelo

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Cuntis

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Dozón

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Estrada (A)

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Forcarei

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Fornelos de Montes

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Lalín

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Moraña

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Rodeiro

Pontevedra

Interior de Pontevedra

Vila de Cruces

Pontevedra

Miño de Pontevedra

Arbo

Pontevedra

Miño de Pontevedra

Crecente

Pontevedra

Miño de Pontevedra

Mondariz

Pontevedra

Miño de Pontevedra

Neves (As)

Pontevedra

Miño de Pontevedra

Ponteareas

Pontevedra

Miño de Pontevedra

Porriño (O)

Pontevedra

Miño de Pontevedra

Rosal (O)

Pontevedra

Miño de Pontevedra

Salceda de Caselas

Pontevedra

Miño de Pontevedra

Salvaterra de Miño

Pontevedra

Miño de Pontevedra

Tomiño

Pontevedra

Miño de Pontevedra

Tui

Pontevedra

Rías Baixas

Barro

Pontevedra

Rías Baixas

Bueu

Pontevedra

Rías Baixas

Caldas de Reis

Pontevedra

Rías Baixas

Cambados

Pontevedra

Rías Baixas

Cangas

Pontevedra

Rías Baixas

Catoira

Pontevedra

Rías Baixas

Gondomar

Pontevedra

Rías Baixas

Grove (O)

Pontevedra

Rías Baixas

Meaño

Pontevedra

Rías Baixas

Meis

Pontevedra

Rías Baixas

Moaña

Pontevedra

Rías Baixas

Mos

Pontevedra

Rías Baixas

Nigrán

Pontevedra

Rías Baixas

Oia

Pontevedra

Rías Baixas

Pazos de Borbén

Pontevedra

Rías Baixas

Poio

Pontevedra

Rías Baixas

Ponte Caldelas

Pontevedra

Rías Baixas

Pontecesures

Pontevedra

Rías Baixas

Pontevedra

Pontevedra

Rías Baixas

Redondela

Pontevedra

Rías Baixas

Ribadumia

Pontevedra

Rías Baixas

Sanxenxo

Pontevedra

Rías Baixas

Soutomaior

Pontevedra

Rías Baixas

Valga

Pontevedra

Rías Baixas

Vigo

Pontevedra

Rías Baixas

Vilaboa

Pontevedra

Rías Baixas

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Rías Baixas

Vilanova de Arousa