Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2016 Páx. 39356

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (84/2016).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 84/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Álvarez Garrido contra A&V Cambre Construcciones, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou Resolución do 1 de agosto de 2016 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días; fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a A&V Cambre Construcciones, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza