Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2016 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 30 de marzo de 2012, outorgar por resolución que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Resolución: 3 de marzo de 2016.

Referencia: 12-48-15-C-2.

Obxecto: nave para manipulación da pesca e cámaras de conxelación.

Porto: Ribeira.

Concesionario: Mar Pesca Riveira, S.L.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 8.783,9 € en concepto de TODP e o 1 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na instalación relacionadas coa exportación e a conservación en frío da pesca e o 1,5 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na instalación relacionadas coa transformación e manipulación da pesca.

– Resolución: 8 de abril de 2016.

Referencia: 12-52-15-C-1.

Obxecto: nave para preparación e limpeza de atún para maquilar.

Porto: Cabo de Cruz.

Concesionaria: Conservas Cabo de Cruz, S.L.

Prazo: 15 anos.

Taxas: 13.035,65 € en concepto de TODP e o 1,5 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na instalación relacionadas coa transformación e manipulación da pesca.

– Resolución: 13 de abril de 2016.

Referencia: 14-03-94-C-1.

Obxecto: modificación substancial de instalacións deportivas e de usos múltiples, para autorizar as obras de construción de nave para usos deportivos.

Porto: Foz.

Concesionario: Concello de Foz.

Prazo: ata o 21 de xullo de 2024.

Taxas: 15.359,13 € en concepto de TODP e o 1 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na concesión administrativa.

– Resolución: 22 de abril de 2016.

Referencia: 12-48-04-C-2.

Obxecto: modificación substancial por cambio de uso para construción dunha nave con destino a planta de procesado de pescado.

Porto: Ribeira.

Concesionaria: Frigoríficos de Riveira, S.A.

Prazo: ata o 20 de xaneiro de 2020.

Taxas: 2.550,66 € en concepto de TODP e o 1 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na concesión administrativa.

– Resolución: 26 de abril de 2016.

Referencia: 13-05-11-C-1.

Obxecto: legalización de tres tubaxes de aspiración e desaugamento para servizo de industria depuradora de moluscos.

Porto: Vilanova de Arousa.

Concesionaria: María Teresa Charlín Pomares.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 249,07 € en concepto de TODP.

– Resolución: 23 de maio de 2016.

Referencia: 14-03-09-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de Javier Méndez García da concesión transferida a El Muelle, C.B., destinada a instalación de quiosco-bar.

Porto: Foz

Concesionario: Javier Méndez García

Prazo: ata o 1 de abril de 2020.

Taxas: 385,47 € en concepto de TODP.

– Resolución: 30 de maio de 2016.

Referencia: 12-08-15-C-1.

Obxecto: ocupación explanada para depósito de embarcacións propias da escola náutica municipal.

Porto: Ares.

Concesionario: Concello de Ares.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 2.428,2 € en concepto de TODP e o 1,5% do importe anual da cifra neta de negocio da actividade desenvolvida.

– Resolución: 30 de maio de 2016.

Referencia: 13-36-60-C-1.

Obxecto: cambio de titularidade a favor de Hermanos Cacabelos, S.L. da concesión outorgada a Antonio Cacabelos Domínguez pola Orde ministerial do 8.6.1960 con destino a construción de galpón para preparación de mariscos.

Porto: Tragove.

Concesionaria: Hermanos Cacabelos, S.L.

Prazo: ata o 15 de decembro de 2027.

Taxas: 2.801,09 € en concepto de TODP e o 1,5 % do importe anual da cifra neta de negocio da actividade desenvolvida.

– Resolución: 16 de xuño de 2016.

Referencia: 12-14-12-C-1.

Obxecto: ocupación de dominio público portuario para nave taller de carpintaría e varadoiro.

Porto: Lorbé.

Concesionario: José Manuel Gómez Porto.

Prazo: 10 anos.

Taxas: 3.414,6 € en concepto de TODP e o 1 % do importe anual da cifra neta de negocio da actividade desenvolvida.

– Resolución: 27 de xuño de 2016.

Referencia: 12-13-87-C-1.

Obxecto: outorgamento da prórroga e modificación non substancial da concesión outorgada a Industrias Fontán e transferida a Iris Cruña, S.L. para construción dunha planta frigorífica e de conxelación de pescado, para autorizar as obras de instalacións de canalización de auga para acometida directa á rede municipal.

Porto: Sada.

Concesionaria: Iris Cruña, S.L.

Prazo: ata o 10 de abril de 2022.

Taxas: 4.607,07 € en concepto de TODP e o 1 % do importe anual da cifra neta de negocio da actividade desenvolvida.

– Resolución: 28 de xullo de 2016.

Referencia: 12-46-98-C-1.

Obxecto: outorgamento da modificación non substancial e ampliación de prazo da concesión destinada á construción dunha nave para manipulación da pesca e cámaras frigoríficas, para autorizar as obras de instalación de dúas cámaras de conxelación e tanque de salmoira.

Porto: Aguiño.

Concesionario: Frigoríficos Docampo, S.A.

Prazo: ata o 18 de setembro de 2038.

Taxas: 3.141,72 € en concepto de TODP e o 1,5 % da cifra neta de negocio vinculada á manipulación da pesca e o 1 % da cifra neta de negocio vinculada ás cámaras frigoríficas.

– Resolución: 28 de xullo de 2016.

Referencia: 13-36-90-C-4.

Obxecto: outorgamento da modificación substancial por revisión da concesión administrativa de ocupación de instalacións de dominio público portuario para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión indirecta do servizo de lonxa, para incluír no ámbito concesional a edificación destinada a ampliación de sala de poxa.

Porto: Tragove.

Concesionario: Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados.

Prazo: ata o 25 de outubro de 2020.

Taxas: 4.810,33 € en concepto de TODP e o 1,5 % da cifra neta de negocio vinculada á manipulación da pesca e 0,0015 €/quilogramo de peixe vendido na lonxa, cun importe máximo do 1 por 100 da cifra neta de negocio, considerando que será o resultante de aplicar ao importe do volume total anual de vendas efectuadas na lonxa a porcentaxe autorizada na concesión correspondente en concepto de tarifa que se cobrará polo adxudicatario do servizo pola prestación deste, que neste caso é un 2 %. A liquidación desta taxa realizarase anualmente sobre as vendas en lonxa realizadas o exercicio anterior.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia