Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2016 Páx. 46598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2016/67-2, 8376 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: LMTS, CT A Frouxeira e RBT na avenida Valle Inclán.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV consistente en anelar o CT proxectado entre o CT Plaza e o CS Porto Foz, cunha lonxitude de 240 metros en condutor tipo RHZ1-240.

2. Centro de transformación A Frouxeira en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión soterrada do CT A Frouxeira formada por dous circuítos, con orixe no CT A Frouxeira en condutor tipo RV.

4. Rede de baixa tensión soterrada do CT Plaza, formada por un circuíto, con orixe no CT Plaza en condutor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 20 de setembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo