Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 27 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lle dá publicidade ao inicio dun expediente de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Educación en Pontevedra:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro da bolsa concedida identificada no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de diez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na avenida Fernández Ladreda, núm. 43, Pontevedra.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro, como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente.

No mesmo prazo poderá solicitar na súa Delegación do Ministerio de Economía e Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».

Pontevedra, 27 de setembro de 2016

César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Rodríguez Rey, David.

NIF: 35628180F.

Importe: 1.826 euros.

Curso: 2014-2015.

Causa: 7.10.