Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se fai pública a corrección de erros no prego de cláusulas administrativas particulares para a licitación anunciada mediante a Resolución do 26 de setembro de 2016 para a contratación, polo procedemento aberto, do servizo para a planificación do sistema de transporte público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda na zona Ourense oeste da Comunidade Autónoma, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

No DOG núm. 192, do 7 de outubro de 2016, publicouse a Resolución do 26 de setembro de 2016 pola que se anunciaba a licitación, polo procedemento aberto, do servizo para a planificación do sistema de transporte público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda na zona Ourense oeste da Comunidade Autónoma, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Advertidos erros no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe nesta contratación no relativo ao orzamento base de licitación, IVE e total (punto D.1, 2 e 3 do cadro de características), e unha vez corrixidos estes, publícase o prego de cláusulas administrativas particulares no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=66635

Así mesmo, como consecuencia desta modificación, no punto 4 da Resolución do 26 de setembro de 2016, onde di: «4. Valor estimado do contrato: 126.400 €», debe dicir: «4. Valor estimado do contrato: 132.231,40 €»; e no punto 5 desta, onde di: «5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 126.400 €. Importe total: 160.000 €», debe dicir: «5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 132.231,40 €. Importe total: 160.000 €».

Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 7 da Resolución do 26 de setembro de 2016, que queda do seguinte xeito:

«Data límite de presentación da documentación e información: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de ofertas coincidise en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte».

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda