Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de setembro de 2016 polo que se notifica a resolución pola que se extingue unha concesión temporal de carácter experimental.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade Inprocar de Carril, S.L. (B36341410) a Resolución do 31 de agosto de 2016, da Consellería do Mar, pola que se extingue a concesión temporal de carácter experimental que lle fora outorgada por Resolución do 2 de outubro de 2006.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar os recursos se computará desde esa publicación.

Para coñecer o contido integro da resolución que se notifica, a entidade interesada poderá comparecer nas dependencias da Consellería do Mar, Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución citada, que esgota a vía administrativa, a entidade interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012)
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica