Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46796

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (909/2015).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 909/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo César del Puerto Muñiz contra a empresa Limperhostel, S.L., Yare 2010, S.L., Paraxe Hosteleros, S.L., Anseris Hostelería, S.L., con intervención procesual do Fogasa, sobre despedimento, foi ditada sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza

Na A Coruña o vinte e un de setembro de dous mil dezaseis.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 909/2015, nos cales é parte, dun lado, como demandante Pablo César del Puerto Muñiz, asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, e como demandados Limperhostel, S.L., Yare 2010, S.L., Paraxe Hosteleros, S.L. e Anseris Hostelería, S.L., que non comparecen, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome do Rei, a seguinte sentenza:

«Decido

Que, estimando a demanda interposta por Pablo César del Puerto Muñiz contra as empresas Anseris Hostelería, S.L., Yare 2010, S.L., Limperhostel, S.L. e Paraxe Hosteleros, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado por Anseris Hostelería, S.L., e condeno esta a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 569,11 €. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 41,39 €/día.

Absólvese a Yare 2010, S.L., Limperhostel, S.L. e Paraxe Hosteleros, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Limperhostel, S.L., Yare 2010, S.L., Paraxe Hosteleros, S.L. e Anseris Hostelería, S.L., expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza