Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2016 Páx. 46867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2016 pola que se anuncia a corrección de erros do prego de prescricións técnicas publicado mediante Resolución do 23 de setembro de 2016 pola que se anuncia a contratación do contrato mixto para a subministración de dous sistemas de almacenamento replicados, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada e suxeita a regulación harmonizada.

No DOG núm. 186, do 29 de setembro de 2016, publicouse a Resolución do 23 de setembro de 2016 pola que se anunciaba a contratación do contrato mixto para a subministración de dous sistemas de almacenamento replicados, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada e suxeito a regulación harmonizada.

1. Advertido erro no punto 3. «Características técnicas dos elementos que se van subministrar», subapartado 3.1.5 «Funcionalidades contorna bloque» do prego de prescricións técnicas, cómpre realizar a seguinte corrección:

Onde di: « A xestión dos punteiros debe realizarse utilizando un mecanismo de copia tras a escritura (Copy-After-Write), para favorecer o rendemento nos volumes orixe», debe dicir: «A xestión dos punteiros debe realizarse utilizando un mecanismo de copia tras a escritura (Copy-After-Write) ou redirección ao escribir (Redirect-on-Write), para favorecer o rendemento nos volumes orixe».

2. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación:

– Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación finalizará ás 14.00 horas do día 18 de outubro de 2016.

– Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación finalizará ás 14.00 horas do día 18 de outubro de 2016.

3. Como consecuencia do dito erro, procédese a levar a cabo a corrección citada, que se publica no seguinte enderezo do perfil do contratante:

https://plataformadecontratacion.xunta.es/publicacion

4. Data do envío da corrección de erros ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de outubro de 2016.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a XestiónTributaria,
Económico-Financeira e Contable