Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental das instalacións de xestión de almacenamento de residuos perigosos e non perigosos no lugar da Cacharosa, parroquia de Baio, concello de Zas, promovido pola empresa Xestión de Residuos Vimianzo (clave 2015/0197).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 29 de agosto de 2016 relativo ás instalacións de xestión de almacenamento de residuos perigosos no lugar da Caharosa, parroquia de Baio, no concello de Zas, promovido pola empresa Gestión de Residuos Vimianzo (clave 2015/0197).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental