Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 52027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 25 de outubro de 2016 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola dunha superficie de 6,56 hectáreas da parcela 53 do polígono 99 do termo municipal de Guntín.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 25 de outubro de 2016, o cambio de actividade de forestal a agrícola dunha superficie de 6,56 hectáreas da parcela 53 do polígono 99 do termo municipal de Guntín (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 7 de setembro de 2016. O anuncio foi publicado no DOG núm. 191, do 6 de outubro.

Lugo, 3 de novembro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo