Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52627

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de convocatoria para a selección dunha praza de oficial da Policía local, por promoción interna, vacante no cadro de persoal funcionario deste concello.

No BOP de Pontevedra nº 197, do 14 de outubro de 2016, publicáronse integramente as bases aprobadas por Resolución desta alcaldía do 13 de maio de 2016, para a cobertura, por promoción interna, como funcionario de carreira, dunha praza de oficial da Policía local, vacante no cadro de persoal para o ano 2016, aprobada con carácter definitivo pola Xunta de Goberno Local en sesión do 29.2.2016 e publicado no BOP nº 45, do 7.3.2016.

O prazo de presentación de instancias para solicitar tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilagarcía de Arousa, 28 de outubro de 2016

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente