Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación inicial dun estudo de detalle para a ordenación de volumes.

O Pleno da Corporación municipal, na sesión ordinaria do 21 de decembro de 2016, aprobou inicialmente o estudio de detalle no ámbito das das empresas Pharmamar, S.A. y Zelnova, S.A., acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes presentado pola entidade Zelnova, S.A. e Pharmamar, S.A. redactado polo arquitecto Marcos Fernández Álvarez Santullano.

2º. Someter o expediente a exposición pública polo prazo dun mes mediante publicación no DOG, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, notificando aos titulares catastrais dos terreos afectados.

3º. Solicitar informe sectorial da Confederación Hidrográfica do Norte e da Subdelegacion do Goberno.

4º. Suspender o outorgamento de licenzas de edificación, parcelación e derruba no ámbito de estudo de detalle».

O que se fai público para xeral coñecemento e para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que coiden convenientes no prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio no DOG, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 28 de decembro de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa