Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38225

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO de aprobación do expediente de modificación de crédito número 1/2017.

En cumprimento do disposto no artigo 177.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de reguladora das facendas locais, faise público que o Pleno da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés aprobou inicialmente, na sesión celebrada o día 20 de maio de 2017, o expediente de modificación de créditos número 1/2017, crédito extraordinario para investimentos financieiramente sustentables con cargo ao superávit 2016, por importe de 11.446,60 euros.

Expediente estará ao dispor do ao público polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG e no taboleiro de edictos do Concello de Portomarín, prazo durante o cal se admitirán reclamacións e suxestións. De non presentarse estas, considérase definitivamente aprobado o expediente, cuxa publicación resumida, segundo dispón o citado artigo 177.2, é:

Aplicación orzamentaria

Altas en aplicación. Gastos

Euros

432.629

Sinalización recursos turísticos. Mancomunidade

11.446,60

Total

11.446,60

Contra a aprobación definitiva da modificación orzamentaria de referencia poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo, interposición que por si soa non suspende a aplicación da modificación orzamentaria definitivamente aprobada.

Portomarín, 20 de xullo de 2017

Juan Carlos Serrano López
Presidente da Mancomunidade