Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza do Centro de Especialidades de Mollavao e de determinados centros de saúde (expediente AB-EIP1-17-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-17-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza do Centro de Especialidades de Mollavao e de determinados centros de saúde pertencentes á EOXIPS.

c) Lotes: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 16 de marzo (DOUE); 28 de marzo (BOE) e 3 de abril de 2017 (DOG).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.963.549,60 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.347.068,00 €.

b) Importe total: 1.629.952,28 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 19 de maio de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xuño de 2017.

c) Contratista: Limpiezas San Froilán, S.L.U. (CIF B27257815).

d) Importe de adxudicación:

1) Importe neto: 1.299.334,71 €.

2) Importe total: 1.572.195,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta económicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 12 de xullo de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés