Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, para a contratación da xestión, instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e produtos sólidos (vending) nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia, como contrato administrativo especial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-XUCON 01-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=138391

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: xestión, instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e produtos sólidos nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 55400000-4 servizos de subministración de bebidas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de abril de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do canon do contrato: 31.680,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13 de xullo de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 28 de xullo de 2017.

c) Contratista: Pelican Rouge Coffee Solutions, S.A.U.

d) Importe de adxudicación do canon:

Ano

Total/ano

2017

2018

2019

7.500,00 €

15.000,00 €

7.500,00 €

Total

30.000,00 €

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza