Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO 48/2016 e dous máis), e da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia (expediente PO 14/2017 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non sexa posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior, e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo, polo presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de 15 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 28 de xullo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado (comercio)

Expediente

Acto

Concello

Mi Leidy Moda (Cuatro Rosas Moda, S.L.)

PO 10/2017

Proposta de resolución

Vigo (Pontevedra)

María Fernanda Grande Santos (Pepita 24 horas)

PO 12/2017

Resolución de expediente sancionador

Baiona (Pontevedra)

Barlovento (Náutica Vigo)

PO 48/2016

Proposta de resolución

Sanxenxo (Pontevedra)

La Torre de Babel

PO 35/2016

Resolución de expediente sancionador

Vigo (Pontevedra)

María Fernanda Grande Santos (Pepita 24 horas)

PO 14/2017

Resolución de expediente sancionador

Baiona (Pontevedra)