Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a varios propietarios da concentración parcelaria de Foxás-Bendaña II (Touro-A Coruña), a toma de posesión dos predios de substitución da devandita zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e despois de intentada dúas veces a notificación persoal, ponse en coñecemento dos propietarios da concentración parcelaria de Foxás-Bendaña II (Touro-A Coruña) que se relacionan no anexo, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona.

O prazo para a presentación das reclamacións por superficie comezarase a contar, para os interesados que se mencionan no anexo, a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no BOE.

«En cumprimento do disposto polo artigo 37 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, notifícolle que o director xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar, con data 17.7.2017, a toma de posesión provisional dos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria da zona de Foxás-Bendaña II, na cal figura vostede como propietario.

As datas para tomar posesión dos predios son as seguintes:

1. Para terreos de prado, pasteiro, labradío sen colleita e monte, o día 17 de xullo de 2017.

2. Para os restantes terreos, no momento en que segundo o costume, se retiren as colleitas actuais.

Importante: a data límite para a retirada do arboredo é o día 17.1.2018 e debe contarse co preceptivo permiso do Servizo de Montes e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza no caso de especies autóctonas protexidas.

No prazo de dous meses contados a partir do seguinte á recepción da presente notificación, poderá reclamar por defecto de superficie nos predios a vostede atribuídas, xuntando unha medición pericial asinada por técnico competente, sobre diferenzas de superficie superiores a unha marxe de tolerancia variable entre a medición in situ e a que conste no boletín de atribucións dos novos predios, conforme o disposto no antedito artigo 37.

Importante: as persoas propietarias das parcelas de achega deben permitir aos titulares dos novos predios o acceso a eles para procederen no prazo dos dous meses arriba sinalado á medición destes.

Debe terse en conta que:

1. A falta de superficie dun predio non será compensada cando exista exceso de superficie no conxunto dos predios atribuídos ao mesmo propietario, e esta sexa suficiente para compensar en valor de puntuación o conxunto das atribucións.

2. A falta de superficie en terreos de núcleo rural (total ou parcialmente) será compensada nesta mesma clase. No caso de non existir dispoñible terreo deste tipo e o mesmo titular ter exceso de superficie en terreos doutra clase, a compensación farase sobre os ditos terreos.

3. Non se admitirá reclamación no caso de que o predio obxecto dela coincida exactamente na súa delimitación cartográfica coa parcela achegada polo mesmo titular.

4. Impedir ou obstaculizar a toma de posesión é considerado unha infracción moi grave (artigo 90 da Lei 4/2015) sancionada con multa de 1.501 a 6.000 euros.

5. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a toma de posesión poderá darse, logo de apercibimento, mediante compulsión directa sobre a/s persoa/s que a impidan.

6. Os planos do acordo e as coordenadas dos marcos están accesibles na internet na páxina web da Consellería do Medio Rural no enderezo http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/publicacions

A Coruña, 24 de maio de 2017, a xefa do Servizo de Infraestruturas, Ana Arizón Fanlo».

A Coruña, 26 de xullo de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesados:

María Barral Codesido

José Caneda Mato

Lourdes Caneda Mato

Manuel Caneda Mato

Nieves Cristovo Iglesias

Ramiro Cristobo Iglesias

Josefina Gago Becerra

Enrique Hermida García

Ramón Pajaro Barral

Aquilino Trasar Suárez

Manuel Barreiro Barreiro

María Dolores Carlín Gómez

Manuel Carlín Rendo

Rosa María Carneiro Rey

Constructora Santiso y Quinteiro, S.L.

Dolores Fernández Caldelas

Maximino Fernández Sánchez

Luis Gago Iglesias

Agustín Gago Míguez

María Teresa Gago Míguez

Estrella Gago Rendo

María Socorro García Iglesias

José Gil Canabal

José Antonio Iglesias Cristobo

Carmen Iglesias Souto

Luz Divina Lareo Hermida

Patricia Lareo Hermida

Manuel López Rodeiro

María Teresa Manteiga Moruja

María Jesús Millán Agrasar

Manuel Millán Arteaga

Gumersindo Neira Rendo

Purificación Neira Rendo

Jesús Pajaro Barral

Manuel Pajaro Barral

María Pajaro Barral

Luz Myrian Parra Gaviria

José Manuel Quinteiro Cristobo

Avelino Rendo Barreiro

Laura Rendo García

Maximino Rendo Iglesias

Roberto Rendo Rendo

Manuel Rendo Vilela

María Manuela Rendo Vilela

José Rendo Villar

María del Carmen Rosende Toubes

Carmen Suárez Barreiro

Jesús Souto Suárez

María Teresa Suárez Canabal

José Luis Suárez Carlín

Ramón Suárez Carlín

Isabel Suárez López

Manuel Suárez Rendo

Alfonso Trasar Suárez

Isabel Trasar Suárez