Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40935

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de aprobación definitiva do himno municipal.

Aprobado inicialmente o himno municipal do Concello de Valga, mediante o Acordo do Pleno extraordinario e urxente do 24 de maio de 2017, de conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 56 do texto refundido de réxime local, faise público que, transcorrido o prazo de exposición pública do expediente, o Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 27 de xullo, acordou desestimar a reclamación presentada contra el e aprobar definitivamente o himno municipal de Valga, polo que se procede á súa publicación íntegra no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, advertíndose que se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses desde a publicación deste acto de acordo co establecido no artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida exercitar, de ser o caso, calquera outro recurso que se considere pertinente.

Valga, 4 de agosto de 2017

José María Bello Maneiro
Alcalde presidente

ANEXO
Himno municipal do Concello de Valga

As túas costas protexidas por outeiros,

bicados polo Ulla os teus beizos,

oh, ti, ben amada,

que fermosa eres, Valga!

Liberdade, coraxe e honra,

herdadas do teu sabio pobo,

non deixes que nas pedras morran,

as tradicións, contos e lendas.

Ata nós chegan pegadas

dos mouros que aquí mercaron

e heroes que salvaron

a túa beleza.

As túas costas protexidas por outeiros,

bicados polo Ulla os teus beizos,

oh, ti, ben amada,

que fermosa eres, Valga!

Lembranzas cheas de saudade,

espertas o emigrante,

no peregrino paseante,

ao aloumiño do seu fogar.

Moitos camiños percórrente

para levarnos ao futuro,

e nunca vexas escuro

o verdor do val.

As túas costas protexidas por outeiros,

bicados polo Ulla os teus beizos,

oh, ti, ben amada,

que fermosa eres, Valga!

Nota: ver partitura na páxina web do concello: www.valga.es