Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se dá publicidade ás sancións firmes impostas pola comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais (expediente 2011/0038-0 e un máis).

Unha vez que adquiriron firmeza as sancións impostas ás empresas que se relacionan pola comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais, procédese á súa publicidade, de conformidade co disposto no artigo 3 da Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008.

Expediente: RL 2011/0038-0.

Nome ou razón social da empresa: Idun Consulting Arousa, S.L.

Sector da actividade e CNAE: ensaios e análises técnicos (7120).

CIF: B94025970.

Domicilio social: rúa Arcebispo Andrade, 11, 1º A, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Infracción cometida: artigo 13.11 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Exceder o ámbito de actuación como servizo de prevención, actuando en materia de vixilancia da saúde sen estar acreditado pola autoridade laboral.

Precepto legal infrinxido: artigo 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 17.8.2011.

Data de firmeza da sanción: 31.5.2017.

Expediente: RL 2011/0049-0.

Nome ou razón social da empresa: Contrucciones Galdiano, S.A.

Sector da actividade e CNAE: construción de edificios residenciais (4121).

CIF: A20081840.

Domicilio social: Paseo de Errotaburu, 1, 3º, 20018, Donostia, San Sebastián.

Infracción cometida: artigo 13.14 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/200, do 4 de agosto. Subscribir pactos, en fraude de lei, que teñan por obxecto eludir as responsabilidades que corresponden en materia de prevención de riscos.

Precepto legal infrinxido: artigo 24.3 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 30.9.2011.

Data de firmeza da sanción: 2.6.2017.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008, semestralmente publicarase a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería.

Ademais, inscribiranse no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais os datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da orde. Estes datos cancelaranse de oficio aos cinco anos contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego