Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de agosto de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia na tramitación do expediente de clasificación do monte denominado Grobas, solicitado a favor dos veciños de Millerada do concello de Forcarei (Pontevedra).

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 2º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 25 de agosto de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra

ANEXO

Expediente: monte Grobas.

Persoas interesadas: Eligio Manuel Bernárdez Troitiño, Juan Pablo Martínez Barros, Clara Pereiro Toubes, Herdeiros de Victoria Madriñán Santorum, Jesús Sancho Rof, Bernardo Rodríguez Fernández, Domingo Pérez González, José Luis Lois Calviño e Manuel Pernas Paz.

Acto notificado: resolución do expediente de clasificación do monte Grobas, solicitado polos veciños de Millerada (Forcarei-Pontevedra).