Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2017 Páx. 41905

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a subministracion de libros para a biblioteca municipal.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 9 de agosto de 2017 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 33/17).

2. Obxecto do contrato: subministración de libros para a biblioteca municipal.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 30.000 € (24.793,39 € + 5.206,61 € en concepto de IVE). Prazo de execución: dous anos (con posibilidade de dúas prórrogas anuais).

5. Garantías: non se exixe de conformidade co establecido no artigo 95 do TRLSCP, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúan antes do pagamento do prezo.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 21 de agosto de 2017

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 16.5.2017)
Manuel Carrera Punzón
Alcalde accidental