Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2017 Páx. 42190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación do contrato de obra denominado Humanización da praza de Galicia e dun tramo da rúa Padre Feijoo.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: humanización da praza de Galicia e dun tramo da rúa Padre Feijoo.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 6 meses.

Código CPV: 45233252-0 Traballos de pavimentación de rúas.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Sen IVE: 292.225,77 €. IVE (21 %): 121.744,46 €. Total (IVE incluído): 353.593,18 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa e na plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data na que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: 26 días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Lugar: plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Documentación: a exixida na cláusula 11 dos pregos.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si (as establecidas no anexo VIII do PCAP).

9. Apertura do sobre 2: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada a través da plataforma de licitación aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xere a licitación do contrato será por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 20 en relación co anexo I.29 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 30 de agosto de 2017

Alberto Varela Paz
Alcalde