Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43542

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2017.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017, e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2007

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Protocolo de adhesión do Concello das Pontes de García Rodríguez ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

8.6.2017

Acordo entre a Consellería de Facenda e a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A. polo que se pacta a resolución, con efectos desde o 1 de xullo de 2017, dos convenios de colaboración asinados o 11 de xullo de 2006 entre a Consellería de Economía e Facenda e a entidade financeira Caixa Galicia.

Sen achega económica

14.6.2017

Acordo entre a Consellería de Facenda e a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A. polo que se pacta a resolución, con efectos desde o 1 de xullo de 2017, dos convenios de colaboración asinados o 11 de xullo de 2006 entre a Consellería de Economía e Facenda e a entidade financeira Caixanova.

Sen achega económica

14.6.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a asociación sen ánimo de lucro Gen Plus para a organización de dous obradoiros de traballo sobre a redifinición da política fiscal e a estabilidade fiscal no ámbito autonómico.

40.000

19.6.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Española de Xestores Fiscais e Xestores de Fincas (Agesfi), para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

30.6.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Consello Xeral de Colexios de Habilitados de Clases Pasivas de España para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

30.6.2017

Protocolo de adhesión do Concello de Santiago de Compostela ao convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

3.7.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Universidade de Vigo para o financiamento dos traballos previos á rehabilitación do edificio Faraday na ETEA.

243.210

10.7.2017