Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación dos servizos de soporte técnico, mantemento correctivo, xestión de proxecto e desenvolvemento evolutivo do Sistema integrado de xestión de actividade asistencial de atención primaria (Sixap), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Galicia 2014-2020 (expediente AB-SER1-17-026).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 18 27.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 17.10.2017.

d) Número de expediente: AB-SER1-17-026.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de soporte técnico, mantemento correctivo, xestión de proxecto e desenvolvemento evolutivo do Sistema integrado de xestión de actividade asistencial de atención primaria (Sixap).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

– Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Metodoloxía de traballo e plan de participación de recursos

0 - 30

Plan de evolución dos sistemas

0 - 20

– Criterios valorables automaticamente (sobre C)

Oferta económica

0 - 40

Parámetros de servizo de soporte e mantemento correctivo

0 - 10

4. Valor estimado do contrato: 1.527.240 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 694.200 euros. Importe total: 839.982 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 ou 5 e categoría C ou 3 ou superior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do 17.10.2017.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 7.9.2017.

12. Outras informacións. Cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Galicia 2014-2020, obxectivo temático 02, prioridade do investimento 2.3, obxectivo específico 2.3.1.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos