Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2017/1284-3 e trece máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense, na avenida da Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 5 de setembro de 2017

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado

DNI/Equivalente

PR204A 2017/1284-3

Rubén Rodríguez Cruz

44454231S

PR204A 2017/1727-3

José Alberto Villar González

44466905Q

PR204A 2017/1798-3

María Isabel Domecio Pissarro

34986675H

PR204A 2017/1917-3

Nicolás Martínez dos Santos

44457959V

PR204A 2017/2000-3

Fernando Jiménez Blanco

01829692L

PR204A 2017/2075-3

María Isabel Domecio Pissarro

34986675H

PR204A 2017/2175-3

Serafín Riveiro Márquez

34976108P

PR204A 2017/2225-3

Pilar Noguerol Rodríguez

14226634F

PR204A 2017/2228-3

Óscar Felicio Silva Saturne

X6404917S

PR204A 2017/2383-3

Marino Guerra Ares

44460533S

PR204A 2017/2392-3

Juan Miguel Rodríguez Vicaria

78687882Y

PR204A 2017/2467-3

Raúl Fernández Ruido

44492807C

PR204A 2017/2726-3

Eva María Pérez Mayo

44640369Z

PR204A 2017/2739-3

Raúl Fernández Ruido

44492807C