Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de licitación da obra denominada rehabilitación e acondicionamento da escola unitaria de Solláns para convertela nun espazo de traballo colaborativo.

O 19 de setembro de 2017 ditouse resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración, da obra denominada rehabilitación e acondicionamento da escola unitaria de Solláns para convertela nun espazo de traballo colaborativo, expediente número O-6/17, financiado no 79,28 % con cargo a fondos Feader 75 %, MARM 2,5 % e Agader 22,5 % (número de expediente L17 1920 19 0027), e de acordo co seguinte cadro de características:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Teo.

2. Obxecto do contrato: rehabilitación e acondicionamento da escola unitaria de Solláns para a súa conversión nun espazo de traballo colaborativo.

3. Expediente: O-6/17.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación: tramitación ordinaria e procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento: 114.150,28 € máis 23.971,56 € de IVE (138.121,84 €).

5. Valor estimado do contrato: 114.150,28 €.

6. Clasificación: non se exixe.

Clasificación para os efectos de acreditación da solvencia: grupo C, subgrupo 4, categoría b.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído).

9. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación por conta do contratista: 900 €.

10. Prazo de execución: catro meses.

11. Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán á disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o perfil do contratante (www.teo.gal)

12. Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, travesía da Ramallosa, 38, 15883 Teo. Teléfono: 981 81 57 00, fax: 981 80 94 01.

Teo, 19 de setembro de 2017

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde